Hiponacte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Hiponacte
Hipponax of Ephesus.jpg
Hiponacte no Promptuarii Iconum Insigniorum de Guillaume Rouillé.
Nacementoséculo VI a. C.
 Éfeso
Falecementoséculo VI a. C.xuliano
 Clazômenas
EtniaGregos
Ocupaciónpoeta, político e escritor
editar datos en Wikidata ]

Hiponacte de Éfeso (século -VI), poeta grego, é xunto con Arquíloco un dos iambógrafos clásicos da poesía lírica grega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Éfeso e de orixe ao parecer aristocrática, escuras circunstancias arroxárono á miseria e a frecuentar a compañía de esmoleiros nos baixos fondos marxinais da sociedade.

O seu mesmo nome reflicte unha estirpe insigne, e a súa fuxida de Éfeso cara á cidade de Clazómenas (fragmento 1D) sería impulsada por motivos políticos (a súa familia pertencería á clase dirixente e foi perseguida pola tiranía de Atenágoras de Éfeso.

En calquera caso, a súa refinada cultura demostra unha elevada educación: parodia, por exemplo, o comezo da Odisea para atacar a un dos seus inimigos que era un comellón: ("Cóntame, oh Musa, sobre a filla do Eurimedonte, de Caribdis, que engole todo o mar e devora sen taxa. Cóntame como morrerá lapidada por decreto do pobo á ribeira do mar estéril") é unha mostra do seu dominio da tradición épica.

Da súa obra poderiamos sacar o nome de Bías de Priene (fragmento 123D), un do Sete Sabios de Grecia, que viviu desde comezos do século -VI e do poeta Mimnermo (Fl. -630, fragmento 146D), e o de Atenágoras, tirano de Éfeso naquel momento.

Obra[editar | editar a fonte]

Distínguese de Arquíloco a súa forma diametralmente oposta de afrontar a súa miserábel situación. Hiponacte non se preocupa porque nos seus versos existe o instante e nada máis. Dá a impresión de ser un extravagante esmoleiro teimudo no odio e a diatriba contra os seus inimigos, pero é un poeta verdadeiramente realista que se sostén na desgraza da súa vida miserable co humor.

Nas súas agres invectivas búrlase até de si mesmo e móstranos a súa vida como a dun pícaro e esmoleiro coñecedor dos baixos fondos da sociedade en que vive, algo así como un misóxino goliardo do século VI antes de Cristo, un pobre ("a min Plutón, de maneira total cego, xamais veu dicirme a casa: "Hiponacte, douche trinta minas de prata e moito máis" Non ten sentimentos!"), ladrón, borracho e morto de frío ("nunca me deches un manto groso, remedio no inverno contra os calafríos", "Hermes, non fago máis que tiritar de frío e renxer os dentes") que pide capa para taparse; tamén como entre os goliardos, abundan as descricións obscenas. Unha lenda sostén que dous escultores, Búpalo e Atenis, lle esculpiron un busto deformado para ridiculizalo; o poeta vingouse atacándoos con iambos tan brutais que ambos se suicidaron.[1] Algúns deles serían estes: "Téñanme o abrigo, que lle vou a romper o ollo a Búpalo, porque son ambidestro e, cando golpeo, non fallo". Tamén fornece datos importantes sobre costumes rituais como a do phármakos, que a tradición semítica coñece como chivo expiatorio.

Durante aflicións colectivas como pragas ou fames negras, os atenienses e xonios seleccionaban unha vítima propiciatoria para purificar de todo mal as súas cidades. Elixíase aos phármakoi entre os máis pobres e feos e leváballos en procesión ao redor da polis ao ritmo de música destemplada e desafinada, apedreándoos e perseguíndoos até o extreminalos no límite da cidade, a miúdo despeñándoos por un barranco; ritual que Hiponacte parodia nun fragmento en que se ofrece el mesmo como vítima propiciatoria cun rico vocabulario escatolóxico.

Estilo[editar | editar a fonte]

En canto ao seu estilo, Hiponacte variou a forma habitual do iambo cuñando algunhas innovacións métricas e creou o coliambo[2] —algúns autores, en cambio, atribuíron a súa invención a Ananio, contemporáneo seu—, que consiste nun iambo "coxo" (é dicir, substitúese a penúltima sílaba breve e áxil do iambo por outra longa, o que dá a sensación de "coxeira" na escansión ou cómputo métrico). Anticipa a comedia de Aristófanes e utiliza a parodia dunha ampla variedade de estilos (entre os que se destaca o coloquial, devido case unha xerga), neoloxismos e hipérboles que demostran unha permanente procura formal. Estes trazos foron imitados por poetas helenísticos como Calímaco e Herodas, quen escribiron moitos versos no metro "coxo" coliambo de Hiponacte.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pseudo-Acron on Horace, Epodes, citado por Douglas Gerber, Greek Iambic Poetry, Loeb Classical Library (1999), páxina 351
  2. Demetrius de eloc. 301, citado e traducido por Douglas Gerber, Greek Iambic Poetry, Loeb Classical Library (1999), páxina 351

Vézase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Juan Manuel Rodríguez Tobal. (2005). El ala y la cigarra. Juan Manuel Rodríguez Tobal. (2005). El ala y la cigarra. Fragmentos de la poesía arcaica griega no épica. Edición bilingüe. Madrid, Hiperión, 2005. 
  • Hiponax, Enzo Degani (editor literario) (1991). Hiponax, Enzo Degani (editor literario) (1991). Hipponactis testimonia et fragmenta. Bibliotheca Scriptorum Graecorum et Romanorum Teubneriana. ISBN 3-8154-1956-5.