Antonietta Gonsalvus
Nome orixinal | (fr) Tognina Gonsalvus |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1588 Fontainebleau (Reino de Francia) |
Morte | século XVII Capodimonte (Estados Pontificios) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia |
Familia | |
Familia | Gonsalvus family (en) |
Pai | Petrus Gonsalvus |
Antonietta Gonsalvus, tamén chamada Tognina Gonsalvus, nada aproximadamente en 1580, foi unha das fillas de Petrus Gonsalvus, nobre da corte de Henrique II de Francia.[1]
Antonietta é coñecida por padecer, como seu pai e tres dos seus cinco irmáns, hipertricose, unha enfermidade moi pouco frecuente, caracterizada polo exceso de cabelo no corpo. O caso da súa familia é o máis antigo dos que se describiron en Europa desta enfermidade.[1]
Foi frecuentemente representada en pinturas, xeralmente acompañada da súa familia. Creceu en Fontainebleau (Francia), onde formou parte da corte do rei Henrique II de Francia.
Entre 1580 e 1590, a súa familia trasladouse a Italia, onde hai constancia da súa estancia na corte de Margarida de Parma. Non se sabe o ano da morte de Antonietta, pero si que morreu en Italia, posiblemente en Capodimonte (Viterbo), lugar onde morreu tamén o seu pai.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Manguel, Alberto (2003). "La imagen como comprensión. Lavinia Fontana". Leer imágenes. Alianza. pp. 113–147. ISBN 8420641413.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Manguel, Alberto (2003). "La imagen como comprensión. Lavinia Fontana". Leer imágenes. Alianza. pp. 113–147. ISBN 8420641413.
Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |