Hervé Bazin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hervé Bazin
Nome completoJean Pierre Marie Hervé-Bazin e Jean Pierre Marie Hervé
AlcumeHervé Bazin e Jean Marbolivien
Nacemento17 de abril de 1911
Lugar de nacementoAngers
Falecemento17 de febreiro de 1996
Lugar de falecementoAngers
Soterradocemiterio de Cunault
NacionalidadeFrancia
Alma máterFaculty of Arts of Paris
Ocupaciónpoeta, escritor e ensaísta
PaiJacques Hervé-Bazin
CónxuxeOdile Hervé-Bazin
PremiosPrix Guillaume Apollinaire, Prince Pierre Award, Premio Lenin da Paz, Prix de l'Humour noir, Paulée de Meursault award e grande oficial da Lexión de Honor
Na rede
IMDB: nm0063341 Discogs: 3016790 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Hervé Bazin, pseudónimo de Jean-Pierre Hervé-Bazin, nado en Angers o 7 de abril de 1911 e finado na mesma cidade o 17 de febreiro de 1996, foi un escritor francés. Foi presidente da Academia Goncourt dende 1973.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia burguesa e xa na infancia se opuxo á súa autoritaria nai, fuxindo varias veces na súa adolescencia. Ademais, rexeitou o ensino católico. Cando chegou á maioría de idade, rompeu coa súa familia.

En 1946 fundou a revista poética Le Coquille, da que só saíron oito números. O seu primeiro poemario, Jour, obtivo o premio Apollinaire. Tras publicar varios poemarios decántase pola narrativa por consello de Paul Valéry. A súa primeira novela, Vipère au poing (1948), baséase na relación coa súa nai. A novela tivo un éxito inmenso, ao que seguiron outras, tamén baseadas na súa propia vida e centradas na rebeldía xuvenil e en familias desestruturadas.

Obras[editar | editar a fonte]