Hernán Hermida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHernán Hermida

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de marzo de 1983 Editar o valor em Wikidata (41 anos)
Cabimas, Venezuela (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeVenezuela
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantautor Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoDeath metal Editar o valor em Wikidata
TesituraTenor Editar o valor em Wikidata


Instagram: yamanhernherm Musicbrainz: 587e05b6-e5a2-4dee-89ad-80e4482adbf9 Discogs: 2579501 Editar o valor em Wikidata

Hernán Hermida Pacheco, coñecido como Eddie, nado en Cabimas, Zulia, o 24 de marzo de 1983, é un cantante venezolano-estadounidense, de orixe galega, coñecido por ser o vocalista de Suicide Silence dende 2013, cando se incorporou como substituto do falecido Mitch Lucker. Anteriormente fora vocalista da banda de deathcore All Shall Perish.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nacido na cidade venezolana de Cabimas, de pai galego e nai de Táchira,[1] criouse alí xunto con dúas irmás ata os 16 anos. Mostrou interese polo heavy metal dende a adolescencia, influenciado pola música de Slipknot, Cannibal Corpse, Pantera e Hatebreed. En 1999 mudouse coa súa familia a San Francisco, California, onde en 2003 formou a súa primeira banda, Genmetal Grey, dos xéneros thrashcore e metalcore,[2] co que gravou un EP de título Solitude. En 2006, trala separación de Gunmetal Grey, foi invitado a cantar en All Shall Perish, cos quen gravou o álbum The Price of Existence ese mesmo ano. Posteriormente publicou coa banda os álbums Awaken the Dreamers e This Is Where It Ends.

O 5 de outubro de 2013, deixou All Shall Perish para substituír o falecido Mitch Lucker en Suicide Silence.[3] O 15 de abril de 2014 anunciouse o título do novo álbum do grupo, o primeiro con Eddie, de título You Can't Stop Me.[4] Despois de dar varios concertos en todo o mundo en 2015, en 2016 a banda comezou a gravar o seu quinto álbum, que saíu á luz ao ano seguinte co título de Suicide Silence.[5]

Bandas[editar | editar a fonte]

Discografía[editar | editar a fonte]

Con Gunmetal Grey
  • 2005: Solitude
Con All Shall Perish
  • 2006: The Price of Existence
  • 2008: Awaken the Dreamers
  • 2011: This Is Where It Ends
Con Suicide Silence
  • 2014: You Can't Stop Me
  • 2017: Suicide Silence

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Famosos internacionales que son venezolanos ¡Y no sabias!" (en castelán). 26 de febreiro de 2021. Consultado o 23 de marzo de 2022. 
  2. "Gunmetal Grey". metal-archives.com (en inglés). Consultado o 23 de marzo de 2022. 
  3. "It’s official: Eddie Hermida is the new Suicide Silence singer [UPDATE]" (en inglés). 4 de outubro de 2013. Consultado o 23 de marzo de 2022. 
  4. "Suicide Silence’s Eddie Hermida: “It’s like being the first round pick of the NFL draft”" (en inglés). 31 de xullo de 2014. Consultado o 23 de marzo de 2022. 
  5. "Nuevo vídeo de SUICIDE SILENCE, como primer adelanto de su nuevo disco homónimo" (en castelán). 6 de xaneiro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2022. Consultado o 23 de marzo de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]