Hermeto Pascoal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHermeto Pascoal

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de xuño de 1936 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Arapiraca, Brasil (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBrasil Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMúsica Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncompositor , guitarrista , guitarrista de jazz , cantante , pianista , saxofonista , músico de jazz , multiinstrumentista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1950 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoJazz Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoSaxofón, piano, voz, Frauta e teclado Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webhermetopascoal.com.br Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0664378 Facebook: hermeto.pascoal.o.campeao Bandcamp: hermetopascoal Musicbrainz: c7a4c4a0-9544-44e3-87f2-5779d18b753f Songkick: 371737 Discogs: 256166 Allmusic: mn0000572263 Editar o valor em Wikidata

Hermeto Pascoal, coñecido como O Bruxo, nado en Arapiraca, estado de Alagoas, o 22 de xuño de 1936, é un compositor, arranxador e multi-instrumentista brasileiro de sona internacional asociado á música erudita, ao tonalismo, modalismo, atonalismo, polimodalismo, paisaxe sonora e música concreta. Foi agraciado coa Ordem do Mérito Cultural no ano 2010 e un Grammy Latino no 2019 ao Melhor Álbum de Música de Raízes em Língua Portuguesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Hermeto Pascoal nace no rural ao norte do estado de Alagoas, na vila de Olho d`Água das Flores antes de mudarse coa súa familia campesiña a Lagoa da Canoa. Durante a idade escolar iníciase na aprendizaxe do fol de oito baixos. Dada a súa condición de albino estaba a miúdo impedido de traballar baixo o sol pola súa familia, tempo que adicaba á práctica do instrumento, e segundo Fabiano Araujo, investigador da UFES de Vitória, Espírito Santo[1], á familiarización con sons de animais, melodías da fala, obxectos do rural e instrumentos musicais tradicionais. Outra influencia destacada nesta época son as festas do interior da comunidade campesiña en Alagoas, onde era habitual poder asisitir ao forró.

Da infancia á adolescencia, 1943-1949, foi un período de práctica instrumental e traballo informal como músico (fole de oito baixos/pandeiro) en Lagoa da Canoa e veciñanza.

No 1950 múdase ás grandes cidades do nordeste (Recife, Caruaru, João Pessoa), e alí acada consolidación profesional (zanfona/pandeiro) e comeza unha etapa de experimentación co piano e a frauta.

Nunha étapa posterior, entre o 1958-1968 viaxa ao sueste (Rio de Janeiro e São Paulo), e alí experimenta un cambio profesional, de zanfoneiro a pianista de grupos instrumentais, o seu comezo como compositor e as primeiras experiencias en Festivais da Canção brasileiros. Na fase final deste período, no ano 1967 únese ao xa famoso grupo Trio Novo, triunfador no Festival de Música Popular Brasileira da TV Record, o ano anterior de 1966, integrado por Theo de Barros en baixo e guitarra, Heraldo do Monte en viola caipira e guitarra e o percusionista Airto Moreira. Con Hermeto como frautista rebautízanse como Cuarteto Novo, asisten de novo á televisión brasileira, acompañan en actuacións a Edu Lobo e publican un disco homónimo no ano da chegada de Hermeto á banda, instrumental e de referencia no MPB Música popular brasileira. O grupo deixou a actividade en conxunto no ano 1969 despois de gañar o Troféu Imprensa. [2]

Entres os anos 1969-1977 viaxa repetidas veces aos Estados Unidos, grava como solista, e recibe boas críticas xornalistas internacionais ao seu traballo como multi-instrumentista e aos seus arranxos e composicións. Durante a súa estancia norteamericana en 1970 Pascoal conecta co artista Miles Davis a través do batería brasileiro Airto Moreira, e tras coñecerse persoalmente Pascoal é invitado a colaborar no disco do trompetista Live-Evil. Tras a publicación do disco Davis ofrece a Pascoal unirse ao seu grupo durante a súa xira de concertos en vivo, oferta que Pascoal rexeita para volver a São Paulo, alegando que o Brasil ofertáballe o escenario propicio para seguir avanzando no seu estilo.[3] Á súa volta grava con 34 anos aínda o seu primeiro disco como artista, un disco simplemente co seu nome Hermeto gravado en compañía de contactos que fixo en norteamérica, como Hubert Laws, Thad Jones, Ron Carter e Joe Newman; ademais de compañeiros do país, como a cantante Flora Purim e o propio Airto Moreira. O disco fusiona o jazz americano, a MPB e a experimentación, como explica Moreira na cuberta do disco Hermeto arrisca nese disco empregando 36 botellas de zume de mazá afinados a diferentes niveis para usar de fondo en diversas cancións da obra.[4]

No ano 1978 crea o grupo experimental Escola Jabour con Itiberê Zwarg, Jovino Santos Neto e André Marques [5] , no que empregan griñidos de animais salvaxes que engaden a súa música de estudo. E até os 90 estuda e mellora en notación musical e experimenta con gravadoras de pequeno porte.

Entre o 1994-2016 compaxina a Escola Jabour, proxectos musicais illados, como a escrita do Calendário do som, e shows nacionais e internacionais con outros solistas e grupos, como as súas actuacións no Festival de Jazz de Montreux en Suíza, o Festival de Jazz de Tokio ou a apertura do XII Festival Imaxinasons, en Vigo[6].

No seu traballo ata o presente destaca a súa colaboración con Aline Morena e a formación do dúo multi-instrumentista Chimarrão con Rapadura, a súa sonada marcha das discográficas internacionais, coas que non volveu a traballar, a súa colaboración na dixitalización do seu propio traballo en Internet (partituras, textos, vídeos e gravacións) e actuacións informais con big bands.

Carreira[editar | editar a fonte]

Hermeto Pascoal é mundialmente recoñecido como un dos mellores improvisadores musicais contemporáneos e un compositor innovador, destacado orquestrador, fusionando a música tradicional brasileira, o jazz, a experimentación e a Nature Music. No seu álbum Música da Lagoa músicos burbullan auga e tocan frautas inmersos nunha lagoa: unha emisora de televisión brasileira de 1999 gravou a actuación de Hermeto cantando coa boca parcialmente somerxida na auga.[7] O músico ten referenciado as súas propias composicións dentro do xénero de etiqueta propia «música universal».

Discografía[editar | editar a fonte]

Solista[editar | editar a fonte]

  • Planetário da Gávea (2022)
  • Made of Music (2018)
  • E sua visão original do forró (2018)
  • Natureza Universal (2017)
  • Viajando com o som (2017, gravado en 1976)
  • No Mundo dos Sons (2017)
  • The Monash Sessions (2013)
  • Bodas de latão (2010, con Aline Morena)
  • Chimarrão com rapadura (2006, con Aline Morena)
  • Mundo verde esperança (2003)
  • Eu e Eles|Eu e eles (1999)
  • Festa dos deuses (1992)
  • Por diferentes caminhos (1988)
  • Só não toca quem não quer (1987)
  • Brasil universo (1986)
  • Lagoa da Canoa, Município de Arapiraca (1984)
  • Hermeto Pascoal & Grupo (1982, reeditado en CD baixo o título The Legendary Improviser)
  • Cerébro magnético (1980)
  • Ao vivo Montreux Jazz Festival (1979)
  • Zabumbê-bum-á (1979)
  • Trindade (álbum)|Trindade (1977)
  • Missa dos escravos (1976)
  • A música livre de Hermeto Pascoal (1973)
  • Hermeto (1970, reeditado en CD baixo o título Brazilian Adventure)
  • Brasil Musical - Série Música Viva - Pau Brasil E Hermeto Pascoal (1996)
  • Instrumental No Ccbb - Renato Borghetti E Hermeto Pascoal (1993, con Renato Borghetti)
  • Montreux Jazz Festival (1982)
  • Stone Alliance - Hermeto e Márcio Montarroyos (1980)
  • Seeds On The Ground - The Natural Sounds Of Airto (1971)
  • Natural Feelings (1970)

En conxunto[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • PASCOAL, Hermeto; BORÉM, Fausto. Cannon (dedicada a Cannonball Adderley) para flauta, humming na flauta e sons prégravados. Partitura transcrita por Hermeto Pascoal e editada por Fausto Borém a partir da gravação do compositor no disco Slave mass (1977). Per Musi, n.22. Belo Horizonte: UFMG, 2010.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.