Herba aquí ou acolá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Herba aquí ou acolá
Linguagalego
Xénero(s)poesía
EditorialEditorial Galaxia
Data de pub.1988, 1991

Herba aquí ou acolá é un libro de poemas de Álvaro Cunqueiro. Foi publicado por primeira vez co título de Hierba aquí o allá. Herba aquí ou acolá pola editorial Visor en 1988 e máis adiante, en 1991, pola editorial Galaxia co título Herba aquí ou acolá.[1]

Estrutura[editar | editar a fonte]

A obra está composta por un feixe de poemas nos que Cunqueiro amosa a modernidade da súa escritura. Ten pegadas do vangardismo, do neotrobadorismo e da modernidade. A obra resultou clave na modernización da lírica galega a partir dos anos 80.

Díxenlle á rula: Pase, miña señora!
E foise polo medio e medio do outono
por entre as bidueiras, sobre o río.

En total son 29 poemas estruturados en dúas seccións: As historias e Vellas sombras e novos cantos, o primeiro grupo de poemas é heteroxéneo nas súas formas aínda que xira en tordo ás lendas, mitos e historias mentres o segundo mostra unha maior unidade, é máis lírico[2] cun ton reflexivo e angustiado no que predomina o Eu[3] que enxerga a morte como unha negra sombra[4] pero cunha profunda vontade vitalista.[5]

Edicións e traducións[editar | editar a fonte]

Álvaro Cunqueiro di no limiar da obra que elaborou os poemas recollidos en Herba aquí ou acolá nas dúas últimas décadas, pero Costas matiza que foi entre 1950 e 1979.[6] Miguel González Garcés recolleunos coa intención de publicalos como volume independente nunha colección de poesía, o que finalmente non sucedeu.

En 1988 César Antonio Molina publicou unha edición bilingüe en galego e castelán nunha colección de poesía de Madrid[7]. Foi a primeira edición da obra como libro independente pero non tivo transcendencia no mundo cultural galego[6] e non seguía o aparecido na Obra en galego completa, recollendo case cen poemas.

En 1991 Xosé Henrique Costas publicou a obra como libro independente, nunha edición moi acrecentada ao engadir máis de 60 poemas á selección. Tamén lle mudou o título, tomándoo do penúltimo poema que aparecía na selección de 1980. A primeira sección titúlase agora Os cantos e as historias mentres a segunda mantén o título. Costas afirma na introdución do libro que os poemas se recolleron ás présas para incluílos nas súas obras completas en galego e, como consecuencia, a estruturación foi inexacta e non se incluíron todos os poemas escritos por Cunqueiro despois do seu último libro de poemas, Dona do corpo delgado (1950). Pola contra o compilador desta edición incluíu aqueles poemas que tiñan relación pero deixou fóra algúns que non tiñan a mesma adscrición.[8] Costas iguala ortograficamente os poemas, pero sen adaptalos ás Normas do galego, senón que segue as solucións que maioritariamente usou o propio Cunqueiro.

En 1993 Jordi Domènech i Soteras publicou unha edición bilingüe en galego e catalán co título de Herba aquí o allà en Edicions 62[9].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bibliografía Arquivado 31 de marzo de 2010 en Wayback Machine. de Álvaro Cunqueiro, Editorial Galaxia.
  2. Molina, C. A.: Antología poética de Álvaro Cunqueiro. Plaza & Janés, 1983, p. 34. (Bilingüe).
  3. Luz Pozo Garza Álvaro Cunqueiro e Herba aquí ou acolá. Editorial Galaxia, 1991, páxina 57
  4. Méndez Ferrín, X. L.: "Notas á última poesía", artigo no Faro de Vigo, 2 de marzo de 1984.
  5. Raña, R.: "Ecos de Cunqueiro", artigo no Faro de Vigo, 3 de marzo de 1985.
  6. 6,0 6,1 Introdución de Xosé Henrique Costas a Herba de aquí ou acolá. Editorial Galaxia, 1991
  7. Ficha en BiTraGa.
  8. Anuario de Estudos Literarios Galegos 4. Editorial Galaxia, 2004, páxina 31
  9. Ficha en BiTraGa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]