Dona do corpo delgado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Dona do corpo delgado
Autor/aÁlvaro Cunqueiro
OrixeGalicia
LinguaGalega
Xénero(s)Poesía
EditorialColección Benito Soto
Data de pub.1950

Dona do corpo delgado é un libro de poesía de Álvaro Cunqueiro publicado en (1950) na Colección Benito Soto.[1] Foi reeditado pola Editorial Galaxia na Obra en galego Completa I (1980)[2]

Características[editar | editar a fonte]

É unha especie de escolma na que se inclúen poemas de tipos diversos e distintas épocas. Contén poemas confidenciais, nostálxicos, herméticos e tamén neotrobadorescos. Logo dun poema inicial-prólogo, consta de 3 partes moi diferenciadas:

  • "Dona do corpo delgado", con 3 poemas de tipo amatorio, relacionados metricamente co clasicismo da poesía de posguerra, nos que a soidade e o amor son confesións íntimas de Cunqueiro.
  • "Dúas elexías", a Feliciano Rolán e Manuel Antonio, cun dramatismo existencial en sintonía coa Escola da Tebra.
  • "Cantigas do amor cortés", escritas antes de 1936, nas que se aproxima máis á tradición medieval galego-portuguesa do que en anteriores recreacións neotrovadorescas.

Segundo o Diccionario da literatura galega:

"Alterna, como consecuencia da distancia na factura das composicións, poemas fieis á vea hermética con outros de ton confidencial, nun laio máis gravemente humano, que preludia a aura nostálxica e amargue do derradeiro poemario. Nas “Cantigas” que conforman a última sección continúa o achegamento á tradición medieval, agora non só no eido galego-portugués, senón tamén na libre adaptación do “rondeau” francés.[3]"}}

Poemas[editar | editar a fonte]

  • Recomendación da alma e do corpo

-Dona do corpo delgado

  • Soedade primeira
  • Soedades da miña branca señor
  • Antiga noiva verde

-Dúas elexías

  • Elexía a Feliciano Rolán
  • Derradeira elexía a Manoel Antonio

-Cantigas de amor cortés

  • A dama que ía no branco cabalo
  • Quechemarín da verde bandeira
  • O freixo está teste prá lanza labrar
  • O cabaleiro da pruma na gorra
  • Rondeau das señoras donas pintadas no ouso do Vilar, no século XIV, cheirando unha frol
  • Rondeau da dona enterrada en San Xohán de Badón, con dous anxos aos pés
  • No bico do galo a-ialba
  • Agora trobo o vento e maila lúa fría

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Imaxe da portada dunha edición de Galaxia do ano 2014
  2. Cunqueiro, Álvaro (1980). Obra en galego completa. Poesía.teatro I. Galaxia. ISBN 84-7154-358-3. 
  3. Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Galaxia. p. 157. ISBN 84-8288-019-5.