Saltar ao contido

Melisa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Herba abelleira»)
Melisa

Herba abelleira a florear
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Lamiales
Familia: Lamiaceae
Subfamilia: Nepetoideae
Tribo: Mentheae
Xénero: Melissa
Especie: M. officinalis
Nome binomial
Melissa officinalis
L.

A melisa, herba abelleira ou herba cidreira[1] (Melissa officinalis) é unha planta herbácea da familia das labiadas orixinaria do sur de Europa, especialmente en zonas de montaña. As súas pequenas flores brancas agroman a fin do verán e desprenden un cheiro semellante ao do limón, que atrae ás abellas.

Emprégase como planta medicinal.

Nome común

[editar | editar a fonte]

Zugos, zugamel, truxil, trobisco, poexo, planta de chupar, néboda, nébeda, mentrastos, mentrasto, mentraste, menta, meles, meleira, mel do cuco, madreselva, hortolán, hortelán bravo, horba abilleira, herbadona, herba limoeira, herba do mel, herba de mel, herba das abellas, herba da abella, herba billeira, herba abilleira, herba abelleira, flor dulce de chuchar, fenta, estruga mansa, esteva, ervellaca, chupois, chupas, chupameles, chupachupas, chupa, chuchameles, chuchamel, chucha de cabrinfolla, chopo branco, abilleira, abelleira.[2]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Nomes vulgares galegos en Termos esenciais de botánica. Santiago de Compostela, Universidade, 2004; Vocabulario de ciencias naturais. Santiago de Compostela, 1991. Gran dicionario Xerais da lingua galega. Vigo, Xerais, 2009 e Vocabulario ortográfico da lingua galega A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004
  2. "Herba abelleira, trunxil (Melissa officinalis L.)". Atlas Lingüístico Galego. Consultado o 8 de setembro de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre botánica é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.