Henrique II de Bar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHenrique II de Bar
Nome orixinal(fr) Henri II de Bar Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1190 Editar o valor em Wikidata
valor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Morte13 de novembro de 1239 Editar o valor em Wikidata (48/49 anos)
Gaza Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfeudatario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloCount of Bar (en) Traducir (1214–1239) Editar o valor em Wikidata
FamiliaHouse of Scarpone (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxePhilippa de Dreux (pt) Traducir (1219 (Gregoriano)–) Editar o valor em Wikidata
FillosMargarida de Bar (pt) Traducir, Theobald II, Count of Bar (en) Traducir, Jeanne of Bar (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisTeobaldo I de Bar Editar o valor em Wikidata  e Ermesinde of Bar-sur-Seine (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsAgnes of Bar (en) Traducir, Margarida de Bar (pt) Traducir e Agnes of Bar (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Bar-le-Duc-11
Armas dos condes de Bar

Henrique II de Bar, nado c. 1190 e finado en Gaza o 13 de novembro de 1239, foi conde de Bar de 1214 a 1239.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo de Teobaldo I, conde de Bar, e de Isabel de Bar-sur-Seine. Casou en 1219 con Filipa de Dreux (1192 -1242), filla de Roberto II, conde de Dreux e Iolanda de Coucy, e tiveron a:

Aparece en documentos desde o 1202 e estivo asociado ao goberno do condado de Bar desde 1210. Participou en 1211 na cruzada albixense, sucedendo ao seu pai en 1214. De inmediato combateu polo rei de Francia Filipe II Augusto na batalla de Bouvines.

Cando a guerra de sucesión de Champaña (1216 - 1221), apoiou activamente ao conde de Champaña Teobaldo IV. Mantívose unha boa amizade durante anos entre os dous condes.

Á morte do rei Lois VIII o León (1226), Teobaldo arrastrou a Henrique á sublevación contra a rexente Branca de Castela, pero fixeron a súa submisión o 2 de marzo de 1227 en Vendôme.

Teobaldo e Henrique pelexaron finalmente arredor de 1229. O conde de Champaña aliouse co duque de Lorena e Henrique, aliado co conde de Vaudemont Hugo II e co bispo de Toul, asolou Lorena en xaneiro de 1230. Teobaldo IV e Simón de Joinville invadiron e devastaron o Barrois, e logo Hugo IV, duque de Borgoña, invadiu Champaña. Branca de Castela tivo que intervir para restablecer a paz, que foi asinada en 1232.

Aliado cos habitantes de Metz e co duque de Lorena Mateo II, opúxose a Xoán I de Apremont no momento da Guerra dos Amigos de 1231 a 1234.

Tras ter doado como dote o Señorío de Ligny á súa filla Margarida, que casara con Henrique V de Luxemburgo, estableceuse que o señorío quedaría baixo a soberanía feudal de Bar (1240); pero en 1256, Henrique de Luxemburgo rendeu unha homenaxe por Ligny a Teobaldo II de Navarra, conde de Champaña e rei de Navarra. Seguiu unha guerra e a arbitraxe do rei Lois IX de Francia (futuro San Lois), señor feudal dos condes de Champaña e dos condes de Bar, devolveu Ligny a Henrique de Luxemburgo baixo a soberanía feudal orixinal (1268).

Henrique fundou varias abadías e fixo importantes doazóns a outras.

Tomou a cruz en 1239 e acompañou a Teobaldo IV de Champaña e Hugo IV desde Borgoña ata Terra Santa. Morreu na batalla de Gaza en 1239.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Georges Poull, La Maison souveraine et ducale de Bar, 1994

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]