Roberto II de Dreux
Nome orixinal | (fr) Robert II de Dreux |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 1154 (Gregoriano) |
Morte | 28 de decembro de 1218 (Gregoriano) (63/64 anos) |
Lugar de sepultura | Saint-Yved de Braine (en) |
Actividade | |
Ocupación | Crusader (en) |
Outro | |
Título | Count of Dreux (en) |
Familia | Casa de Dreux |
Cónxuxe | Iolanda de Coucy (1184 (Gregoriano)–) Matilda of Burgundy |
Fillos | Yolande de Dreux () Iolanda de Coucy Isabelle of Dreux () Iolanda de Coucy Alix de Dreux () Agnes of Dreux () Iolanda de Coucy Eleanor de Dreux () Iolanda de Coucy Roberto III de Dreux () Iolanda de Coucy Pedro I, Duque da Bretanha () Iolanda de Coucy Philippa de Dreux () Iolanda de Coucy Henri de Dreux () Iolanda de Coucy Jehan de Braine () |
Pais | Roberto I de Dreux e Inês de Baudement |
Irmáns | Philippe de Dreux Alix II de Dreux Adèle de Dreux Henrique de Dreux |
Roberto II de Dreux[1], nado arredor de 1154 e finado o 28 de decembro de 1218, foi conde de Dreux, de Brie e de Braine, fillo de Roberto I, conde de Dreux e de Inés de Baudement, señora de Braine.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Participou na Terceira Cruzada e destaca pola batalla de Arsuf e o asedio de Acre (1191). De regreso a Francia, loitou contra os ingleses (1195 - 1198), despois dirixiu as tropas na cruzada albixense en 1210 e participou no asedio de Termes. Axudou ao seu irmán Filipe de Dreux, bispo de Beauvais, na loita contra o conde de Boulogne e mandou a á esquerda do exército do rei Filipe Augusto na batalla de Bouvines (1214).
Roberto II de Dreux e Iolanda de Coucy, a súa muller, foron enterrados na necrópole familiar da igrexa abacial de Saint-Yved de Braine.
Matrimonios e descendencia
[editar | editar a fonte]Casou en primeiras nupcias en 1177 (separado en 1181) con Matilde de Borgoña (1150 - 1192), filla de Ramón de Borgoña, conde de Grignon, e de Inés de Montpensier; matrimonio sen posteridade. Volveu casar en 1184 con Iolanda de Coucy (c. 1164 - 1222), filla de Raúl I, señor de Coucy e de Inés de Hainaut, con quen tivo a:
- Roberto III Gasteblé (1185 - 1234), conde de Dreux.
- Leonor (1186 - despois de 1248), casada con Hugo III de Châteauneuf-en-Thymerais (m. 1229), e máis tarde con Roberto de Saint-Clair.
- Pedro Mauclerc (c. 1187 - 1250), duque da Bretaña.
- Isabel (1188 - despois de 1242), casada con Xoán II de Pierrepont (1205 - 1251), conde de Roucy.
- Alix (1189 - 1258), casada cara 1200 con Gaucher IV de Mâcon (m. 1219), señor de Salins (fillo de Xeraldo I de Mâcon), e máis tarde, en 1221, con Renaldo III de Choiseul (1195 - 1239).
- Filipa (1192 - 1242), casada en 1219 con Henrique II de Bar (1190 - 1239).
- Henrique de Dreux, arcebispo de Reims (1193 - 1240).
- Inés (1195-1258), casada con Estevo II de Borgoña, conde de Auxonne (m. 1241)
- Iolanda (1196-1239), casada con Raúl II de Lusignan, conde de Eu (m. 1250).
- Xoán (1198 - 1239), conde de Mâcon e Viena.
- Xoana (1199 - 1272) relixiosa.
- Godofredo (1200-1219).
Notas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Roberto II de Dreux |