Hugo IV de Borgoña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hugo IV de Borgoña
Nacemento9 de marzo de 1213
Lugar de nacementoVillaines-en-Duesmois
Falecemento27 de outubro de 1272 e 30 de outubro de 1272
Lugar de falecementoVillaines-en-Duesmois
SoterradoAbadia de Cister
NacionalidadeReino de Francia
Ocupaciónpolítico
PaiEudo III, Duque da Borgonha
NaiAlix de Vergy
CónxuxeIolanda de Dreux, Duquesa da Borgonha e Beatriz de Navarra
FillosEudo de Borgonha, Conde de Nevers, João de Borgonha, Conde de Charolais, Adelaide de Borgonha, Roberto II de Borgoña, Isabel de Borgonha, Margarida da Borgonha, Beatriz de Borgonha, Marguerite de Bourgogne, Jeanne de Bourgogne e Hugh of Burgundy
Na rede
WikiTree: Bourgogne-177
editar datos en Wikidata ]

Hugo IV de Borgoña, nado o 9 de marzo de 1213 e finado en Villaines-en-Duesmois en 1271, foi duque de Borgoña entre 1218 e 1271.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Orixes familiares[editar | editar a fonte]

Naceu o 9 de marzo de 1213, sendo o único fillo varón do duque Odón III de Borgoña e da súa segunda muller, Alicia de Vergy. Ela era neta por liña paterna de Hugo III de Borgoña e Alicia de Lorena.

Matrimonios e descendentes[editar | editar a fonte]

Casou por primeira vez en 1229 con Iolanda de Dreux, filla do conde Roberto III de Dreux e Leonor de Saint-Valery. Desta unión naceron:

En novembro de 1258 casou, en segundas nupcias, con Beatriz de Navarra, filla do rei Teobaldo I de Navarra e Margarida de Borbón-Dampierre. Desta unión naceron:

Ducado de Borgoña[editar | editar a fonte]

Acompañou a San Luís á Sétima Cruzada e fixérono prisioneiro de Mansourah. En 1266 Balduíno II de Courtenay, emperador derrocado de Constantinopla, cedeulle o reino de Tesalónica pola axuda que recibira na reconquista de Constantinopla.

Baixo o reinado de Hugo IV de Borgoña, o Ducado de Borgoña expandiuse grazas á incorporación dos condados de Chalon e Auxone.