Henrik Klingenberg
Henrik Klingenberg | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 21 de outubro de 1978 |
Lugar de nacemento | Mariehamn - Maarianhamina |
Nacionalidade | Finlandia |
Etnia | Sueco-Finlandeses |
Ocupación | músico, teclista, DJ e cantante |
Na rede | |
https://web.archive.org/web/20100201151821/http://www.sonataarctica.info/site07/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Henrik "Henkka" Klingenberg, nado en Mariehamn (Åland) o 21 de outubro de 1978, é un músico finés, teclista da banda de power metal Sonata Arctica.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Uniuse á banda a finais do 2002, xusto para unirse á xira que seguiu logo da gravación de Winterheart's Guild, o cal foi lanzado en 2003; e actualmente reside en Kokkola, Finlandia, cando a banda non está de xira. Entre as súas máis grandes influencias atópanse Pantera, Diablo, Graham Central Station e Billie Holiday, mentres que algúns dos seus teclistas favoritos son Kevin Moore, Jon Lord, Jens Johansson e Matt Guillory. Asemade afirma que consegue a súa inspiración musical a través da vida mesma.
Tocou o teclado para a Banda de Power Metal Melódico Requiem, de Finlandia no 2003.
No seu último concerto en vivo, For the sake of Revenge (2006), utilizou un teclado Kurzweil K2500 e outro tipo keytar Roland AX-7.
![]() |
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |