Henri Lavoix

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Henri Lavoix
Gravado de Henri Dochy, despois dunha fotografía de Pierre Petit.
AlcumeSavigny
Nacemento19 de xaneiro de 1820
Lugar de nacementoNant
Falecemento23 de outubro de 1892
Lugar de falecementorue Colbert
CausaIctus
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónnumismático e bibliotecario
CónxuxeMarguerite Lemoins (1886)
FillosHenri Marie Lavoix
PremiosCabaleiro da Lexión de Honra
editar datos en Wikidata ]

Henri Michel Lavoix, nado en Nant (Aveyron) o 19 de xaneiro de 1820 e finado en París o 23 de outubro de 1892, foi un bibliotecario e numismática francés especializado na moeda musulmá medieval, que ocupou o cargo de director do Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia, en París.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Henri Lavoix era fillo de Marie Émilie Savigny e do funcionario Armand Lavoix.[2] Estudou inicialmente en Poitiers e posteriormente no College Sainte-Barbe.[1]

Incorporouse ao Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia en 1849 como conservador adxunto,[1] e alí dedicouse ao estudo da colección de moedas islámicas, que daquela estaba moi desatendida.[3] O 9 de xaneiro de 1890 foi nomeado director do Gabinete de Medallas, cargo no que sucedeu a Anatole Chabouillet. Ocupu este posto ata o seu falecemento en 1892.[3]

Henri Michel Lavoix interesouse sobre todo pola cultura de Oriente, onde viaxara na súa xuventude, e tamén escribiu varios artigos acerca da arte árabe. Ademais do seu labor numismático, escribiu tamén varios artigos sobre arte, literatura e teatro en publicacións como Le Moniteur, o Journal Officiel, a Gazette des Beaux-Arts e a sección de crítica teatral de L'Illustration, baixo o pseudónimo de Savigny,[1][3] tomado do seu apelido materno.[4]

Debuxo do selo de Amalrico, Patriarca de Antioquía, extraído do libro de Lavoix Monnaies et legendes arabes frappees en Syrie par les Croises (1877).

En 1851 publicou o seu primeiro estudo numismático, titulado Mémoire sur les dinars à légendes latines frappées en Espagne en l'an CXI de l'Hégire ("Memoria dos dinares con lendas latinas cuñados en España no ano CXI da Héxira").[3]

Un dos seus traballos de máis entidade foi o catálogo das moedas islámicas do Gabinete. O seu primeiro volume, publicado en 1887, estaba dedicado aos califatos orientais, e o segundo, de 1891, ás emisións da Península Ibérica e de África. Cando xa se estaba a imprimir o terceiro volume, centrado nas emisións de Exipto e Siria, Lavoix sufriu unha apoplexía e faleceu na noite do 22 ao 23 de outubro de 1892, aos 72 anos.[3] A obra acabou de imprimirse grazas ao labor do arqueólogo e orientalista Paul Casanova.[5]

Henri Lavoix foi nomeado Cabaleiro da Lexión de Honra,[1] o 14 de agosto de 1862.[6]

O 27 de febreiro de 1886 casou con Marguerite Lemoins.[2]

Publicacións[editar | editar a fonte]

A seguir, preséntase unha escolma de artigos publicados por Henri Lavoix, así como a referencia dos seus traballos monográficos:[7]

Escolma de artigos[editar | editar a fonte]

Monografías[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Vapereau, G. (1893).
  2. 2,0 2,1 "Henri Lavoix". Geneanet.org
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Nécrologie: M. Henri Lavoix". En Revue numismatique,‎ 1892. Páxinas 507-508.
  4. D'Heylli G. (1869). "Savigny". En Dictionnaire des pseudonyme. E. Dentu, París. 2ª ed. Páxina 310.
  5. Babelon, E. (1896). "Avant-Propos". En Lavoix, H. Catalogue des monnaies musulmanes de la Bibliothèque nationale. III: Égypte et Syrie.. Páxinas VIII-IX.
  6. "Lavoix, Henri Michel". Archives Nationales. Ministère français de la Culture.
  7. "Lavoix, Michel Henri 1820-1892 Arquivado 04 de abril de 2023 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Anatole Chabouillet
Director do
Gabinete de Medallas de París

1890-1892
Sucesor:
Ernest Babelon