Concello de Gotland

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 57°38′N 18°17′L / 57.633, -18.283

Concello de Gotland
Gotland kommun
Region Gotland
Casa da Chancelería
Escudo
País Suecia Suecia
Landskap Gotland
Condado Gotland
Capital Visby
Área e poboación
Poboación 61 009 habitantes
Censo 2022
Área 15 196,05 km²
Densidade 19,46 hab./km²
Mapa
Outros datos
Web gotland.se

Gotland é un municipio sueco (kommun) cunha responsabilidade ampliada de tarefas que normalmente pertencen á rexións suecas. O concello tamén ten responsabilidades de desenvolvemento rexional dende o ano 2011.[1] En relación con isto o municipio comezou a utilizar o nome de Region Gotland en lugar do aínda oficial Gotlands kommun.

As condicións do leito rochoso da zona dan forma tanto aos accidentes xeográficos horizontais e verticais do municipio como aos individuais. Isto dá como resultado que a área teña unha topografía única no país. A economía da illa diferenciase notablemente da doutros condados suecos e da sueca no seu conxunto. A proporción de persoas que traballa na aricultura e alta, na industria baixa, e nas industrias de servizos moi alta.

Administración histórica[editar | editar a fonte]

A zona do municipio/rexión correspóndese a todas as parroquias de Gotland e á cidade de Visby. Coa reforma municipal de 1862 fundáronse municipios rurais co mesmo nome que as parroquias, e na cidade de Visby fundouse un stadskommun.

A localidade municipal de Hemse estableceuse o 25 de xullo de 1886 no concello rural de Hemse. No ano 1936 o municipio rural de Visby incorporouse á cidade de Visby e ese mesmo ano o municipio rural de Othem reorganizouse como o köping de Slite.

Coa reforma municipal de 1952 fundáronse na illa 12 grandes municipios:

  • Dalhem (de Dalhem, Ekeby, Ganthem, Gothem, Hörsne con Bara, Källunge, Norrlanda e Vallstena)
  • Fårösund (de Bunge, Fleringe, Fårö e Rute)
  • Havdhem (de Eke, Grötlingbo, Hablingbo, Havdhem, Näs e Silte)
  • Hemse (de Alva, Fardhem, Gerum, Hemse, Levide, Linde, Lojsta, e Rone)
  • Hoburg (de Fide, Hamra, Sundre, Vamlingbo e Öja)
  • Klintehamn (de Västergarn, Sanda, Mästerby, Väte, Hejde, Klinte, Fröjel, Eksta e Sproge)
  • Ljugarn (de Alskog, Ardre, Etelhems, Garde, Lau e Lye)
  • Lärbro (de Hall, Hangvar, Hellvi e Lärbro)
  • Romakloster (de Akebäck, Ala, Anga, Barlingbo, Björke, Buttle, Endre, Follingbo, Gammelgarn, Guldrupe, Halla, Hejdeby, Kräklingbo, Östergarn, Roma, Sjonhem, Vänge e Viklau)
  • Stenkumla (de Atlingbo, Eskelhem, Hogrän, Tofta, Stenkumla, Träkumla, Vall e Västerhejde)
  • Stånga (de Burs, När e Stånga)
  • Tingstäde (de Bro, Bäl, Fole, Hejnum, Lokrume, Lummelunda, Martebo, Stenkyrka, Tingstäde e Väskinde)

Coa reforma de 1952 o municipio rural de Boge incorporouse ao köping de Slite, mentres que Visby permaneceu sen cambios. A localidade municipal de Hemse disolveuse a finais de 1958.

O municipio de Gotland fundouse en 1971 a artir da cidade de Visby, o köping de Slite e os doce concellos rurais de Dalhem, Fårösund, Havdhem, Hemse, Hoburg, Klintehamn, Ljugarn, Lärbro, Romakloster, Stenkumla, Stånga e Tingstäde.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Lag (2010:630) om regionalt utvecklingsansvar". www.notisum.se. Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2022. Consultado o 2022-08-20. 
  2. Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 91-87784-05-X. OCLC 33359784.