Helichrysum petiolare

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Helichrysum petiolare

Helichrysum petiolare
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Asterales
Familia: Asteraceae
Subfamilia: Asteroideae
Tribo: Gnaphalieae
Xénero: 'Helichrysum'
Especie: ''H. petiolare''
Nome binomial
'Helichrysum petiolare'
Hilliard & B.L.Burtt

Helichrysum petiolare é unha planta da familia das asteráceas. É orixinaria de Suráfrica e usada polos sangomas para comunicar cos seus devanceiros.[1]

En Galicia está catalogada como especie exótica invasora.[2]

Vista da planta.
Detalle das follas.

Descrición[editar | editar a fonte]

Helichrysum petiolare é unha planta de Suráfrica de folla perenne, cunha gran follaxe; ten follas grises acorazonadas e talos cubertos de pelos brancos parecidos a unha arañeira. É un subarbusto sarmentoso que forma densos montículos de 60 cm, ou máis, de alto e 1,8 m, ou máis, de ancho, con talos novos que brotan dunha rede de rizomas. Está ben adaptado ao sol ou á sombra e ás condicións de seca. As flores que só dá ocasionalmente non son vistosas.

Usos[editar | editar a fonte]

Algúns cultivares como "Variegatum" que presenta un xaspeado de cor crema, danse mellor á sombra e é unha gran planta estival en xardíns de climas fríos.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Helichrysum petiolare foi descrita por Hilliard & B.L.Burtt e publicada en Notes from the Royal Botanic Garden, Edinburgh 32(3): 357–358. 1973.[3]

Etimoloxía

Helichrysum: nome xenérico que deriva do grego antigo ἕλιξ helix = "retorto" e χρυσός crisós = "ouro".

petiolare: epíteto latíno que significa "con peciolos"[4]

Sinonimia
  • Helichrysum petiolatum (L.) DC.[5]

Notas[editar | editar a fonte]


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Flora of North America Editorial Committee, e. 2006. Magnoliophyta: Asteridae, part 6: Asteraceae, part 1. Fl. N. Amer. 19: i–xxiv, 1–579.
  • Gibbs Russell, G. E., W. G. M. Welman, E. Retief, K. L. Immelman, G. Germishuizen, B. J. Pienaar, M. Van Wyk & A. Nicholas. 1987. List of species of southern African plants. Mem. Bot. Surv. S. Africa 2(1–2): 1–152(pt. 1), 1–270(pt. 2).