Helena Juntunen
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fi) Helena Maria Juntunen 9 de marzo de 1976 (48 anos) Oulu, Finlandia |
Datos persoais | |
Residencia | Oulu Helsinqui Kiiminki (mul) Siuntio |
País de nacionalidade | Finlandia |
Educación | Academia Sibelius (pt) (1996–valor descoñecido) Oulu Conservatoire (en) |
Actividade | |
Ocupación | cantante de ópera , música , intérprete |
Profesores | Anita Välkki (en) |
Tesitura | Soprano |
Instrumento | Voz |
Páxina web | helenajuntunen.com |
Helena Juntunen, nada en Kiiminki (Oulu) o 9 de marzo de 1976[1], é unha soprano finesa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Helena Juntunen naceu na pequena localidade de Kiiminki (daquela un concello independente e actualmente integrado no concello de Oulu). Aos 15 anos comezou os seus estudos no Conservatorio de Oulu, onde estudou con Airi Tokola. En 1996 ingresou na Sibelius-Akatemia de Helsinqui, onde se graduou tras estudar con Anita Välkki. Entre os seus mestres destacan Anita Välkki, Jeffrey Goldberg, Renata Scotto e Hartmut Höll.[2]
En 2002 gañou o Lappeenrannan valtakunnalliset laulukilpailut (Concurso Nacional de Canto de Lappeenranta), e ese mesmo ano cantou o papel de Marguerite en Faust de Gounod durante o Savonlinnan Oopperajuhlat (Festival de Ópera de Savonlinna), o que se pode considerar como o inicio da súa carreira solista profesional. Logo de ter debutado na tempada 2003-04 na Connecticut Opera e en Xénova encarnando a Marguerite (Faust, Gounod) e a Madame Coretese (Il viaggio a Reims, Rossini), realizou o seu debut na Sächsische Staatsoper de Dresden encarnando a Pamina en Die Zauberflöte de Mozart. Tamén en 2003 ofreceu o seu primeiro concerto no Carnegie Hall de Nova York e posteriormente en Toquio. En 2006 debutou no Wiener Festwochen co papel de Pamina (Die Zauberflöte, Mozart).[3]
O verán de 2008 destacou pola súa interpretación do papel protagonista da nova ópera de Veli-Matti Puumala, Anna Liisa. Na tempada 2008-09 interpretou o papel de Liisa na ópera de Leevi Madetoja Pohjalaisia na Suomen Kansallisooppera, coa que colabora dende 1999.[3]
Ten cantado coa maioría das grandes orquestras finlandesas e algúns dos directores máis destacados do seu país como Esa-Pekka Salonen, Jukka-Pekka Saraste, Leif Segerstam, Mikko Franck ou Osmo Vänskä.[2]
Premios
[editar | editar a fonte]- Timo Mustakallio -kilpailun (Concurso Timo Mustakallio): 2000.[2]
- Tampere Grand Prix: 2001.[4]
- Lappeenrannan valtakunnalliset laulukilpailut (Concurso Nacional de Canto de Lappeenranta): 2002.[2]
- Karita Mattila -palkinto (Premio Karita Mattila): 2006.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Matti Haapakoski; et al. (2002). Werner Söderström Osakeyhtiö, ed. Suomen musiikin historia - Esittävä säveltaide. pp. 398–401. ISBN 951-0-23564-4.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 BBC Cardiff Singer of the World. Finland: Helena Juntunen
- ↑ 3,0 3,1 Erro no código da cita: Etiqueta
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nomefestium
- ↑ Helena Juntunen, en Málaga en El País