Helen Fielding

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Helen Fielding
HF-purple-with-chair.jpg
Nacemento19 de febreiro de 1958
 Morley
NacionalidadeReino Unido
Alma máterSt Anne's College
Ocupaciónescritora, xornalista, novelista e guionista
Coñecido/a porBridget Jones's Diary
editar datos en Wikidata ]

Helen Fielding, nada en Yorkshire o 19 de febreiro de 1958, é unha escritora inglesa, coñecida sobre todo pola súa obra Bridget Jones's Diary que no 2001 foi levada ao cine.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Literatura inglesa na Universidade de Oxford e empezou a traballar na BBC. A súa primeira novela foi Cause Celeb, unha obra baseada nas súas vivencias periodísticas en África.

Acadou a fama ao publicar na prensa británica unha columna diaria sobre unha muller de trinta anos, chamada Bridget Jones, que vive soa en Londres e traballa nunha editorial. En 1996 publicou a novela Bridget Jones's Diary, que relataba un ano na vida deste personaxe. Obtivo o premio British Book Award e chegou a ser un dos fenómenos literarios da década de 1990, tanto pola exitosa vida editorial (pois a novela logrou unhas vendas millonarias) como pola fama que lle deu a película. A novela foi levada á gran pantalla con Renée Zellweger no papel de Jones, acompañada de Colin Firth e Hugh Grant. Fielding escribiu unha segunda novela con este mesmo personaxe: Bridget Jones: The Edge of Reason.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]