Hasan Rashid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Abū l-Hasan Rāshid ibn Sulaymān al-Bilyānī
Al mugrib fi hula al magrib - medina bilyana.jpg
Extracto do capítulo sobre Villena de Al-Mugrib fī ḥulā al-Magrib no que se fala de Hasan Rashid
NacementoSéculo XI
 Villena
FalecementoSéculo XI
 Murcia?
NacionalidadeAl-Andalus
Ocupaciónpoeta e secretario
XénerosPoesía
editar datos en Wikidata ]

Abū l-Hasan Rāshid ibn Sulaymān al-Bilyānī (en árabe أبو الحسن راشد بن سليمان البلياني) foi un poeta andalusí do século XI. Considérase que naceu en Villena (Alacant), aínda que non se sabe con total seguridade. Escribiu tanto prosa como poesía.[1] Tamén, foi secretario do emir de Murcia, Abu Abd al-Rahman Ibn Tahir,[2] quen tamén compuxo poesía. Aínda que non hai datos sobre a súa morte, crese que tivo lugar en Murcia.

Da súa obra temos estes dous fragmentos, recollidos en Al-Mugrib fī ḥulā al-Magrib de Ibn Sa'īd al-Magribī:[3]

"Segue o teu destino, pois a nós enriqueceunos Deus por ti"
"Imaxinei comigo a unha persoa que foi amable contigo"

Notas[editar | editar a fonte]