Harriet Quimby

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Harriet Quimby
Harriet quimby.jpg
Nacemento11 de maio de 1875
 Arcadia Township
Falecemento1 de xullo de 1912
 Quincy
Causacaída
SoterradaCemitério Kensico
NacionalidadeEstados Unidos de América
OcupaciónPiloto, xornalista, guionista e escritora
PremiosMichigan Women's Hall of Fame, Women in Aviation, International e Nacional Aviación Hall of Fame
editar datos en Wikidata ]
Harriet Quimby en 1911, co monoplano Moisant no que aprendeu a voar.
Fotografía de Theodore Marceau.
Monumento a Harriet Quimby.

Harriet Quimby, nada en Arcadia (condado de Manistee, Míchigan) o 11 de maio de 1875 e finada en Squantum (Quincy, Massachusetts) o 1 de xullo de 1912, foi unha aviadora e guionista de cine estadounidense, pioneira da aviación en Norteamérica. En 1911 o Aero Club of America outorgoulle un certificado de piloto nos EUA, converténdose na primeira muller en obter unha licenza de piloto no seu país. En 1912, converteuse na primeira muller en voar a través do Canal da Mancha. A pesar de que Quimby viviu só trinta e sete anos, tivo unha grande influencia sobre o papel da muller na nacente aviación.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Despois de que a súa familia se trasladase a San Francisco nos primeiros anos do século XX, converteuse en xornalista. A súa vida profesional comezou en 1902 cando empezou a escribir para o San Francisco Dramatic Review e tamén contribuíu ás edicións dominicais do San Francisco Chronicle e o San Francisco Call. Mudouse a Manhattan (Nova York) en 1903 para traballar como crítica teatral para a Leslie's Illustrated Weekly, onde publicou máis de douscentos cincuenta artigos en nove anos. Quimby continuou escribindo para Leslie's mesmo cando empezou coas exhibicións aéreas, contando as súas aventuras nos seus artigos. Totalmente comprometida coa súa nova paixón, a xornalista e aviadora promoveu con entusiasmo o potencial da aviación comercial e promocionou o voo como un deporte ideal para as mulleres.

Quimby interesouse na aviación en 1910, cando asistiu ao Torneo Internacional de Aviación en Belmont Park en Elmont, Nova York. Alí coñeceu a John Moisant, un coñecido aviador e instrutor nunha escola de voo, e á súa irmá Matilde.

O 1 de agosto de 1911, pasou o exame final de piloto e converteuse na primeira muller de Estados Unidos en obter un certificado de piloto do Aero Club of America. Matilde Moisant pronto a seguiu e converteuse na segunda.

Aviación[editar | editar a fonte]

Tras obter a súa licenza, a "Dresden Chinesa Aviatrix" ou "China Doll" como a chamaba a prensa pola súa pequena estatura e pel moi branca, empezou a rendibilizala de inmediato. Os pilotos podían gañar até 1.000 dólares por exhibición, e o diñeiro dun premio nunha carreira podía chegar aos 10.000 ou máis. Quimby uniuse á Moisant International Aviators, un equipo de exhibición, e fixo o seu debut profesional, gañando 1.500 dólares, cun voo nocturno sobre Staten Island ante unha multitude de case 20.000 espectadores.

Como unha das poucas pilotos femininas do país, Quimby resaltaba a súa feminidade usando en adestramentos e exhibicións pantalóns embutidos en botas, capuchas para non despeitearse e lucindo pulseiras sobre as luvas, atraendo a expectación das multitudes aos seus encontros e carreiras por riba dos seus compañeiros de equipo varóns. O 16 de abril de 1912 converteuse na primeira muller en pilotar un avión a través do Canal da Mancha. Quimby despegou de Dover (Inglaterra) de camiño a Calais (Francia) e fixo o voo en 59 minutos, aterrando case a 25 millas (40 km) de Calais nunha praia de Neufchâtel-Hardelot, Paso de Calais.[1]

O seu logro recibiu pouca atención dos medios xa que o afundimento do RMS Titanic se fixo público o 15 de abril (o día anterior) copando o interese público e todos os diarios enchéronse coa devandita noticia.[2]

Hollywood[editar | editar a fonte]

En 1911 Quimby foi autora de sete guións ou sketchs que se filmaron no cinema mudo polos estudos Biograph. O sete foron dirixidos polo director D. W. Griffith. As estrelas nas películas incluíron a Florence A Badie, Wilfred Lucas, e Blanche Sweet. Quimby tivo un pequeno papel actuando nunha das películas.[3]

Vin Fiz[editar | editar a fonte]

A empresa Vin Fiz, unha división da planta de Armour Meat Packing de Chicago, contratou a Harriet como a voceira da nova soda de uva Vin Fiz, tras a morte de Galbraith Perry Rodgers en abril de 1912. No seu uniforme distintivo de aviadora púrpura adornou numerosos carteis, folletos e cartóns publicitarios do produto.[4]

Morte[editar | editar a fonte]

O 1 de xullo de 1912 Quimby voou na terceira edición do encontro anual da aviación en Squantum, Massachusetts. A pesar de que obtivera o seu certificado ACA que lle permitía participar nos eventos da ACA, a reunión de Boston foi un concurso onde non estivo autorizada. Quimby voou de Boston Light a Boston Harbor a uns 3.000 pés, e logo regresou e deu a volta ao aeródromo.[5] William Willard, o organizador do evento, voaba como pasaxeiro con ela no seu flamante monoplano Bleriot de dous asentos. A unha altitude de 1.500 pés (460 m)[6] a aeronave caeu cara adiante inesperadamente por razóns aínda descoñecidas. Tanto Willard como Quimby foron expulsados dos seus asentos, perdendo a vida, mentres que o avión "esvarou cara abaixo e precipitouse na lama".[7]

Harriet Quimby recibiu sepultura no Cemiterio Woodlawn en Bronx, Nova York. Ao ano seguinte, os seus restos foron trasladados ao Cemiterio Kensico en Valhalla, Nova York.

Selección na cobertura do xornal The New York Times[editar | editar a fonte]

  • The New York Times, 11 de maio de 1911, páxina 6, "Woman in trousers daring aviator; Long Island folk discover that miss Harriet Quimby is making flights at Garden City"
  • The New York Times, 2 de agosto de 1911, páxina 7, "Miss Quimby wins air pilot license"
  • The New York Times, 5 de setembro de 1911, páxina 5, "Girl flies by night at Richmond fair; Harriet Quimby darts about in the moonshine above an admiring crowd"
  • The New York Times, 18 de setembro de 1911, páxina 9, "Women aviators to race; the Misses Moisant, Quimby, Scott, and Dutrieu at Nassau meet"
  • The New York Times, 28 de setembro de 1911, páxina 2, "Miss Quimby's flight"
  • The New York Times, 17 de abril de 1912, páxina 15, "Quimby flies English Channel"
  • The New York Times, 21 de xuño de 1912, páxina 14, "Woman to fly with mail; Miss Quimby Plans Air Trip from Boston to New York"
  • The New York Times, 2 de xullo de 1912, páxina 1, "Miss Quimby dies in airship fall"
  • The New York Times, 3 de xullo de 1912, páxina 7, "Quimby tragedy unexplained"
  • The New York Times, 4 de xullo de 1912, páxina 7, "Services for Harriet Quimby to-night"
  • The New York Times, 5 de xullo de 1912, páxina 13, "Eulogizes Harriet Quimby"
  • The New York Times, 7 de xullo de 1912, magazine, "When aviation becomes not only dangerous but foolhardy"

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Miss Quimby Flies The Channel". Flight International. 20 de abril de 1912. 
  2. New York Times, [1]; acceso o 16 de abril de 2009.
  3. Internet Movie Database, Harriet Quimby (e respectivas ligazóns); data de acceso o 16 de abril de 2009.
  4. "Vin Fiz reborn". Airport journal. Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2010. Consultado o 14 de agosto de 2011. 
  5. Harriet Quimby Crash at Squantum
  6. Biografía de Kit e Morgan Benson
  7. "Harriet Quimby". www.centennialofflight.gov. Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2012. Consultado o 03 de outubro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]