Harley Harris Bartlett

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Harley Harris Bartlett
Nacemento 9 de marzo de 1886
  Montana
Falecemento 21 de febreiro de 1960
Nacionalidade Estados Unidos de América
Educado en Universidade Harvard
Ocupación botánico
editar datos en Wikidata ]

Harley Harris Bartlett, nado en Anaconda, Montana o 9 de marzo de 1886 e finado en Ann Arbor, Michigan o 21 de febreiro de 1960 , foi un bioquímico e botánico estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Química en Harvard, recibindo o seu A.B. (Bachelor of Arts) en 1908. Despois ingresou como bioquímico na USDA (Oficina estadounidense de vexetais para a industria), traballando na xenética do xénero Oenothera, e participou en expedicións gobernamentais de busca de recursos forestais tropicais.

En 1915 Bartlett trasladouse á Facultade de Bioloxía da Universidade de Michigan, desenvovendo nela unha carreira académica até chegar en 1921 a profesor titular, director do Departamento de Botánica, entre 1922 e 1947, e curador do Xardín botánico, de 1919 a 1955.

Realizou numerosas exploracións botánicas neste período en Ann Arbor, recolectando flora de rexións tropicais de Asia e América, incluíndo dúas viaxes a Asahan, no nordeste de Sumatra en 1918 e 1927, cando foi contratado pola U.S. Rubber Company. Durante a segunda guerra mundial traballou na Oficina de Investigacións do Caucho da USDA, explorando fontes de caucho en Centro e Sudamérica. No ano académico 1934-1935 foi profesor de intercambio na Universidade de Filipinas.

Foi Presidente da Botanical Society of America (Sociedad botánica de América) en 1927, e da Michigan Academy of Science, Arts, and Letters (Academia de Michigan de Ciencias, Artes e Letras) en 1924-1925.[1]

Despois da súa xubilación permaneceu en Ann Arbor, onde faleceu dun ataque cardíaco o 21 de febreiro de 1960.

Algunhas publicacións[editar | editar a fonte]

  • Bartlett, H. H. (1933): "The Nomencalature of Plant Associations". Ecology 14 (2): 157-162

Durante a súa estancia en Sumatra publicou artigos sobre etnografía e lingüística de Batak e de Malay, ademais de historia e d etnohistoria.

  • Bartlett, H. H. (1921): "The Grave-post (Anisan) of the Batak of Asahan". Papers of the Michigan Academy of Arts, Sci. & Letters 1: 1-58.
  • ---- (1929): "Color Nomenclature in Batak & Malay". Papers of the Michigan Academy of Arts, Sci. & Letters '10: 1-52.
  • ---- (1929): "The labors of the Datoe. Part I, An Annotated list of religious, magical & medical practices of the Batal of Asahan". Papers of the Michigan Academy of Arts, Sci. & Letters 12: 1-75
  • ---- (1934): "The Problem of negrito & "Vedda" elements in the population of Sumatra". Proc. Pacific Sci. Congress, 5º. 506 P192.5p v.4
  • ---- (1952): "A Batak & Malay chant on rice cultivation, with introductory notes on bilingualism & acculturation in Indonesia". APS Proc. 96: 629-652 (inclúe transcricións e traducións de textos de Batak).

Honores[editar | editar a fonte]

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura Bartlett emprégase para recoñecer a Harley Harris Bartlett como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Voss, Edward G. (1961). "Harley Harris Bartlett". Bulletin of the Torrey Botanical Club 88 (1): 47. doi:10.2307/2482414. 
  2. Bartlett no IPNI.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]