Haloferax

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Haloferax
Clasificación científica
Dominio: Archaea
Reino: Euryarchaeota
Filo: Euryarchaeota
Clase: Halobacteria
Orde: Halobacteriales
Familia: Halobacteriaceae
Xénero: Haloferax
Nome binomial
'Haloferax'
Torreblanca et al. 1986
Especies

Haloferax é un xénero de arqueas do grupo das halobacterias (que a pesar do nome non son bacterias), que viven en ambientes moi salinos, como mares e lagos moi salgados. A especie tipo é Haloferax volcanii.[1]

Características[editar | editar a fonte]

As súas células son gramnegativas e teñen xeralmente forma de discos planos ou copas, pero son moi pleomórficas, ás veces alongadas. Forman colonias de púrpuras a rosas mucoides. A cor débese á presenza de carotenoides e pode variar coa concentración de sal. Algunhas especies son móbiles. Algunhas cepas teñen vesículas de gas. Están adaptadas a altas concentracións salinas, crecen en medios con concentracións de 1,0-5,1 M NaCl (a maioría teñen un óptimo de 2,5 M NaCl), e as células lísanse en auga destilada. A maioría das especies son oxidase positivas e catalase positivas. Viven a temperaturas entre 20 e 55 °C e a pHs entre 5 e 9. Son quimioorganótrofas e utilizan a respiración aeróbica (algunhas teñen respiración anaeróbica con nitrato). A maioría reducen o nitrato a nitrito.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. LPSN Haloferax
  2. Oren, A.; Arahal, D. R.; Ventosa, A. (2009-03-01). "Emended descriptions of genera of the family Halobacteriaceae". International Journal of Systematic and Evolutionary Microbiology (en inglés) 59 (3): 637–642. ISSN 1466-5026. doi:10.1099/ijs.0.008904-0.