Halcyon malimbica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Halcyon malimbica é unha especie de ave coraciforme da familia Halcyonidae orixinaria de África.

Descrición[editar | editar a fonte]

Exemplar no zoolóxico de Denver.

Rolda os 25 cm de longo. Os adultos amosan o píleo agrisado e unha ampla banda ocular negra. O resto da súa testa, pescozo, lombo e cola son de cor azul celeste. As súas ás son na súa maior parte negruzcas coas plumas secundarias azuis. As súas partes inferiores son brancas agás o peito que é azulado. O seu longo peteiro ten a mandíbula superior vermella e a inferior negra. As súas patas son de cor vermella intensa. Ámbolos dous sexos teñen unha aparencia semellante e os xuvenís teñen tons máis apagados. O seu canto é un prolongado «pu-pu-pu-pu-ku-ku-ku-ku».

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]