Hakainde Hichilema
Hakainde Hichilema | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 4 de xuño de 1962 |
Lugar de nacemento | Monze District |
Nacionalidade | Zambia |
Relixión | Igrexa Adventista do Sétimo Día |
Alma máter | University of Zambia e Universidade de Birmingham |
Ocupación | economista, político e participante do fórum internacional |
Cónxuxe | Mutinta Hichilema |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Hakainde Hichilema, nado en Monze o 4 de xuño de 1962, é un político e economista zambiano que desde o 24 de agosto do 2021 exerce como presidente de Zambia.
Primeiros anos[editar | editar a fonte]
Naceu na aldea de Hachipona, Monze, na área hamusonde. Recibiu unha bolsa para estudar na Universidade de Zambia e graduose en 1986 cunha licenciatura en Economía e Administración de Empresas. Logo realizou un MBA en Finanzas e Estratexia Empresarial na Universidade de Birmingham no Reino Unido.
Actividades profesionais[editar | editar a fonte]
En 1986 dedicouse á economía como axudante consultor de Servizos de Asesorías Ecuador. Ese mesmo ano tamén foi asesor económico de Coopers & Lubrand. Director de Asesoría Corporativa (1989) e CEO de Coopers & Lubrand (1994-1998), cambiándolle o nome da empresa por Grant Thornton.
Carreira política[editar | editar a fonte]
Participou na fundación do Partido Unido para o Desenvolvemento Nacional en 1998. En 2006 faleceu o líder do partido, Anderson Mazoka, a quen lle correspondeu substituír na presidencia do partido e ser candidato presidencial en 2006.
Nas eleccións xerais de 2006, Hichilema logrou o terceiro lugar cun 25,3% dos sufraxios, mentres que nas eleccións seguintes do 2008 repetiu a mesma posición, pero co 19,70% dos votos.
En xuño de 2009, Hichilema asinou un pacto coa Fronte Patriótica de Michael Sata, para disputar as eleccións de 2011 xuntos. Con todo, a indecisión sobre o candidato do pacto, a profunda desconfianza e acusacións de tribalismo de ambos os lados traduciuse no colapso do pacto en marzo de 2011.[1]. No comicios de 2011 obtivo o 18,17% dos votos.
Presidencia[editar | editar a fonte]
Hichilema presentouse á presidencia por sexta vez nas eleccións celebradas o 12 de agosto de 2021. O presidente da comisión electoral, Esau Chulu, declarou que gañara as eleccións na madrugada do 16 de agosto.
Logo da súa vitoria, Hichilema declarou o seu desexo de nomear a zambianos cualificados na súa administración. Entre os seus nomeamentos estaban os de Sylvia Masebo, Situmbeko Musokotwane, Anthony Bwalya, Jito Kayumba e Garry Nkombo entre outros.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Está casado con Mutinta Hichilema coa que ten 3 fillos.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Sitio web de Hakainde Hichilema (en inglés)
- Biografía por CIDOB (en español)
Presidente de Zambia | ||
---|---|---|
Segue a: Edgar Lungu |
Hakainde Hichilema (2021-...)
|
Precede a: ... |
United Party for National Development - UPND |