Edgar Lungu
(2019, Pacifico Yokohama (en) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 11 de novembro de 1956 Ndola (Rodesia do Norte) |
| Morte | 5 de xuño de 2025 Pretoria, Suráfrica |
| 6º Presidente de Zambia | |
| 25 de xaneiro de 2015 – 24 de agosto de 2021 ← Guy Scott – Hakainde Hichilema → | |
| Justice Minister of Zambia (en) | |
| 28 de agosto de 2014 – 25 de xaneiro de 2015 | |
| Defence Minister (en) | |
| 24 de decembro de 2013 – 25 de xaneiro de 2015 ← Geoffrey Bwalya Mwamba (en) | |
| Minister of Internal Affairs (en) | |
| 9 de xullo de 2012 – 24 de decembro de 2013 | |
| Deputado da Asemblea Nacional de Zambia | |
| setembro de 2011 – 25 de xaneiro de 2015 ← Violet Sampa-Bredt (pt) Circunscrición electoral: Chawama (en) | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Baptismo |
| Educación | Universidade de Zambia - Grao en Leis (–1981) |
| Actividade | |
| Ocupación | político, avogado, ministro |
| Partido político | Fronte Patriótica |
| Familia | |
| Cónxuxe | Esther Lungu |
| Premios | |
Edgar Chagwa Lungu, nado en Ndola o 11 de novembro de 1956 e finado en Pretoria o 5 de xuño de 2025,[1] foi un avogado e político zambiano, presidente de Zambia desde o 25 de xaneiro de 2015 até o 24 de agosto de 2021.
Carreira política
[editar | editar a fonte]Inicialmente uniuse ao Partido Unido para o Desenvolvemento Nacional, pero logo cambiouse á Fronte Patriótica, fundada por Michael Sata.
Durante a presidencia de Sata, Lungu desempeñouse como Ministro de Relacións Exteriores, Defensa e Xustiza. Tras a morte de Sata en outubro de 2014, Lungu converteuse no candidato da Fronte Patriótica para as eleccións presidenciais en xaneiro de 2015. Venceu por escasa marxe ao candidato opositor Hakainde Hichilema.
Presidencia
[editar | editar a fonte]Edgar Lungu xurou o seu cargo de presidente de Zambia o 25 de xaneiro de 2015 no Estadio dos Heroes Nacionais da capital, Lusaka.[2]
Foi reelixido para cumprir un mandato completo de cinco anos en agosto de 2016, derrotando novamente a Hichilema por unha estreita marxe.[3] Lungu contraeu matrimonio con Esther Lungu, son pais de 6 fillos.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Edgar Lungu has died of complications during surgery" (en inglés). 5 de xuño de 2025. Consultado o 5 de xuño de 2025.
- ↑ Matthew Hill, "Zambian Ruling Party's Edgar Lungu Inaugurated as President", Bloomberg, 25 de xaneiro de 2015.
- ↑ "Presidente de Zambia Edgar Lungu reelecto en la primera vuelta". T13. 15 de agosto de 2016. Consultado o 22 de agosto de 2016.
- ↑ Biografía por CIDOB
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Edgar Lungu |