HTMS Chakri Naruebet
| HTMS Chakri Naruebet | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Nome curto
| |||||||||||||
|
Instancia de
| |||||||||||||
|
Uso
| |||||||||||||
| Persoas e organizacións | |||||||||||||
|
Operador/a
| |||||||||||||
| Produción | |||||||||||||
|
Fabricante
| |||||||||||||
| Características | |||||||||||||
|
Velocidade máxima
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||
O HTMS Chakri Naruebet, identificativo CVH-911 (en tailandés: จักรีนฤเบศร), é un portaavións convencional construído en Ferrol a finais dos anos 1990 para a Real Mariña Tailandesa.
O tifón Gay chegou a Tailandia en 1989. A Mariña Real Tailandesa non tiña medios navais para axudar as vítimas. O goberno tailandés convocou un concurso internacional para o deseño e construción dun buque militar con capacidade para axuda civil. Entón non eran empregados buques anfibios. O deseño de Bazán baseado no Príncipe de Asturias foi seleccionado sobre deseños internacionais. O HTMS Chakri Naruebet foi o primeiro portaavións deseñado e construído para ser vendido a outro país.[Cómpre referencia] A Mariña Real Tailandesa é das poucas no sur de Asia que ten un portaavións.[Cómpre referencia]
O nome "Chakri Naruebet" foille posto polo rei Bhumibol Adulyadej. Significa "O Soberano da Dinastía Chakri". O custo do buque foi duns 352 millóns de dólares. Á súa botadura acudiron a raíña Sirikit de Tailandia e a raíña Sofía de España. En 2006 o buque deixou de operar con avións e dende entón opera con dez helicópteros Seahawk.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ruiz-Canela, Gaspar (9/9/2015)."El portaaviones que Ferrol construyó para Tailandia es un reclamo turístico". La Voz de Galicia.
