Saltar ao contido

Príncipe de Asturias (R-11)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Príncipe de Asturias
Imaxe
 Instancia de
Características
 Tipo de embarcación
sen valor Editar o valor en Wikidata
 Impulsado por
Implicados
 Operador/a
 Fabricante
Historia
29 de xuño de 1977encargo
8 de outubro de 1979posta da quilla
22 de maio de 1982botadura
30 de maio de 1988posta en servizo
14 de decembro de 2013retirada do servizo Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de creación
 País
 País de rexistro
 Porto de orixe
 Coordenadas
Cifras e dimensións
Altura38,6 m calado aéreo Editar o valor en Wikidata
Lonxitude195,7 m Editar o valor en Wikidata
Masa13.400 t light displacement (en) Traducir
17.188 t full-load displacement (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Velocidade máxima27 kn Editar o valor en Wikidata
Autonomía6.500 mn Editar o valor en Wikidata
Manga24,3 m Editar o valor en Wikidata
Calado9,5 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/01c8mc Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O Príncipe de Asturias (R-11) foi un buque porta aeronaves clase CVV, da Armada Española. O R-11 foi o buque insignia da frota, e xunto as súas fragatas de escolta, formaron o Grupo 1 de Proxección da Frota. Foi o terceiro portaaeronaves na historia da Armada, logo dos dous Dédalo, o ex USS Cabot (CVL-28) e o portahidroavións do mesmo nome que participou activamente no desembarco de Alhucemas de 1925.

O portaavións foi construído no Ferrol pola Empresa Nacional Bazán (agora Navantia) partindo dun deseño inicial realizado nos Estados Unidos, chamado Sea Control Ship (SCS) e rematado en 1977. Non obstante, os planos e especificacións entregados non correspondían exactamente coas necesidades españolas, realizando a Empresa Nacional Bazán numerosos cambios e melloras.

A orde de execución do buque deuse aos estaleiros de Bazán Ferrol o 29 de xuño de 1977, e a colocación en bancada do primeiro bloque prefabricado estaba prevista para mediados de 1979, sendo a data real o 8 de outubro de 1979. A data prevista para a botadura era 1981, pero a real foi o 22 de maio de 1982, un ano máis tarde do previsto.[1] Entre a botadura e a entrega houbo moito atraso e un importante aumento de custos, debidos, entre outras causas, aos numerosos problemas laborais de Bazán, o cambio nos sistemas de contratación de equipos en plena fase de construción e ás modernizacións que impuxo a Armada durante esta fase.[2]

O proxecto, que naquel momento era dunha grande envergadura económica e tecnolóxica, carrexou atrasos e aumentos nos custos; mais o Goberno de Felipe González apoiou o proxecto e rematouno.

Os cambios nas esixencias navais significaron que moitos dos sistemas do barco tiveron que ser modificados coa adición do «Tritan Digital Command» e o Sistema de Control. Non entrou en servizo activo ata o 30 de maio de 1988 e regresou aos estaleiros de Ferrol para reformarse rapidamente en 1990.

O portaaeronaves tailandés HTMS Chakri Naruebet foi construído nos mesmos estaleiros, tomando como base o deseño do Príncipe de Asturias.

O grupo aéreo embarcado

[editar | editar a fonte]

O grupo aéreo embarcado soportaba ata 29 aeronaves, doce AV-8 Harrier II e AV-8B Harrier II Plus, así como doce helicópteros, normalmente unha combinación de modelos Sikorsky e Agusta, seis Sikorsky Sea King SH-3H, catro Agusta AB-212 e dous Sikorsky SH-3 AEW. Debido á capacidade STOL, STOVL e VTOL dos aparatos embarcados, a cuberta de voo descentrada era de 175,3 m, incluíndo unha rampla (ski-jump) de 12º e 46,5 m de lonxitude que lograba un maior arranque en menor distancia.

As dúas grandes turbinas de gas xeraban 34,6 Mw por unidade (46.400 CV), propulsando unha única hélice de cinco palas. A velocidade media máxima era de 27 nós, cunha autonomía de 6.500 millas náuticas a unha velocidade de cruceiro de 20 nós.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Novo buque

[editar | editar a fonte]

En 2010, ao Príncipe de Asturias uniráselle un novo navío de deseño e tecnoloxía punteira, capaz de desempeñar labores como portaavións e como buque multipropósito. Trátase do LHD, chamado Juan Carlos I (L-61), botado nos estaleiros de Navantia en Ferrol en marzo do 2008 e que é o meirande navío da Armada Española.

  1. La Armada Española (ISBN 84-7140-172-X)
  2. La Aeronáutica en la Armada, El reto de los 90 EN Bazán (1988) (ISBN 84-87063-01-2)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]