Göbekli Tepe
Göbekli Tepe | |
---|---|
Vista panorámica do lado sur da escavación | |
Smithsonian map göbekli tepe.jpg Localización do sitio | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Turquía |
Localización | 37°13′23″N 38°55′21″L / 37.22306, -38.92250 |
Tipo | Cultural |
Criterios | I, II, IV |
Inscrición | 2018 (42º sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 1572 |
Göbekli Tepe é un sitio arqueolóxico do inicio do neolítico, contra o IX milenio a. C., situado ao sueste da actual Turquía, preto da fronteira con Siria.
Historia
[editar | editar a fonte]O asentamento, actualmente escavado por arqueólogos xermanos e turcos, foi descuberto no 1963. Tívose que agardar ata mediados dos anos 1990 para que científicos alemáns do Deutsche Archäologische Institut (DAI) iniciasen a exploración do lugar. O DAI considera a Göbekli Tepe como o lugar de culto relixioso máis antigo do mundo[Cómpre referencia].
Composición e características
[editar | editar a fonte]O conxunto está composto principalmente por columnas de tres metros de altura escavada a partir da rocha da cima. As prospeccións xeomagnéticas indican que debe de haber unhas 200 delas. Estes monólitos están cubertos de relevos gravados con figuras de animais. En moitos dos relevos descubríronse signos abstractos e xeométricos.
Göbekli Tepe puido ser un espazo dedicado ao culto funerario. Non lle encontraron ningún vestixio de ser habitado. Este lugar nunca foi destruído, simplemente foi enterrado premeditadamente, con terra e pedras. A DAI prognostica que a exploración se estenderá durante máis de dúas décadas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Göbekli Tepe |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Gobekli Tepe: The World's First Temple.Arquivado 20 de abril de 2019 en Wayback Machine. (en inglés)
- Gobekli Tepe (9500 a.C.), el Stonehenge de Turquía.
- An early Neolithic mountain sanctuary in the foothills of the Taurus in southeast Turkey. (Deutsches Archäologisches Institut)
- Which came first, monumental building projects or farming? en Archaeo news.
- Frequently asked questions about Göbekli Tepe.
- Archaeology magazine: Göbekli Tepe.
- El Primer Templo - Göbekli Tepe. (en castelán)