Gumersindo Gómez Otero
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1864 ![]() Meiroi, España ![]() |
Morte | 1929 ![]() Lourenzá, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | mestre , xornalista ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Gumersindo Gómez Otero, nado en Meiroi (Ribeira de Piquín) en 1864 e finado en Lourenzá en 1929, foi un mestre e xornalista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou maxisterio na Normal de Lugo, onde obtivo o título de mestre en 1890. Emigrou a Cuba e instalouse ne Sancti Spíritus, onde foi mestre durante 15 anos. Doutorouse en Pedagoxía na Universidade da Habana. Ao regreso a Galicia foi mestre en San Xurxo de Piquín até 1920. Fundou e dirixiu o periódico Las Dos Regiones en Meira (1908). Posteriormente foi mestre en San Tomé de Lourenzá.
Casou con Josefa Vidal Ares.