Las Dos Regiones

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Las Dos Regiones

Editar o valor em Wikidata
Lingualingua castelá
LocalidadeMeira
ISSN2255-2162
Na rede
HemBNE: 0005508976
editar datos en Wikidata ]

Las Dos Regiones foi un periódico editado en Ribeira de Piquín entre 1908 e 1909.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Periódico de intereses generales apareceu en xaneiro de 1908[1]. Fundado e dirixido por Gumersindo Gómez Otero. Constaba de catro páxinas, compostas a catro columnas. En principio bimensual, a partir do número 13, de xullo de 1908, fíxose semanal, saíndo cada sábado. Contén noticias locais, nacionais e estranxeiras e artigos de agricultura, gandería, comercio, industria, festas, cultura, tribunais e sucesos e algúns poemas. Ten as seccións: Oficial, Religiosa, Correspondencia (cartas dos lectores), Corresponsales e Últimas noticias. Publica tamén necrolóxicas e un folletín, e na última plana hai anuncios comerciais. Entre os seus colaboradores figuran José Manuel Rivero, Constantino Fraguas, Ángel Guerra e J.A. López. O periódico debe o seu nome á rede de correspondentes, colaboradores e subscritores con que contaba a ambos lados do río Eo e servía de enlace entre os seus habitantes e os emigrantes en Cuba. Editábase na Imprenta del Sucesor de A. Villarmarín de Lugo. Cesou a súa publicación probablemente en 1909.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Regional, 11-1-1908, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]