San Tomé de Lourenzá, Lourenzá
| San Tomé de Lourenzá | |
|---|---|
Pazo de Tovar | |
| Concello | Lourenzá[1] |
| Provincia | Lugo |
| Coordenadas | 43°25′55″N 7°17′25″O / 43.43194444, -7.29027778 |
| Poboación | 386 hab. (2016) |
| Entidades de poboación | 39[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Tomé de Lourenzá é unha parroquia do concello de Lourenzá na comarca da Mariña Central, na provincia de Lugo. Tiña 386 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística,[2] 178 homes e 208 mulleres. O que supón unha diminución de 91 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 477 habitantes (242 homes e 245 mulleres).
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa parroquial data do século XVI e conta cun retablo barroco do século XVIII, de influencia colonial, e o Monumento de Semana Santa, do mesmo século.
O pazo de Tovar do século XV, de estilo isabelino, é un monumento civil que se levanta sobre o que antano foi o Real Couto de Canedo.
Galería de Imaxes
[editar | editar a fonte]- Igrexa de San Tomé
- Igrexa da Nosa Señora do O en Canedo (Tovar)
- Detalle do núcleo de San Tomé de Lourenzá.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de San Tomé de Lourenzá
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de San Tomé de Lourenzá no concello de Lourenzá (Lugo) | |
|---|---|
|
A Alomparte | O Amieiral | Aquelcabo | O Batán | O Cal | Canedo | Casal | A Casanova | Castiñeiras Verdes | O Chacote | Combre | O Convento | O Cristo | A Cubela | Ferreira | A Folgueirosa | A Fonte do Cura | Forxa | A Grandela | A Igrexa | Liñares | Lourenzá | Oural | O Pacio de Tovar | Painzás | As Pedreiras | O Pereiro | O Piago | A Polida | A Pontenova | O Pontigo | Pumarigo | O Rego de Pereira | A Ribalta | As Ribas | A Rigueira | Tercias de Baixo | Tercias de Riba | Veiga de San Tomé |
Parroquias de Lourenzá
[editar | editar a fonte]| Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Lourenzá | |
|---|---|
|
Lourenzá (Santa María) | San Tomé de Lourenzá (San Tomé) | San Xurxo de Lourenzá (San Xurxo) | Santo Adrao de Lourenzá (Santo Adrao) |
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.
- ↑ "IGE. Nomenclátor de Galicia. Lourenzá". Instituto Galego de Estatística. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 6 de marzo de 2017.