Guillermo Suárez Mason

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Guillermo Suárez Mason
Nacemento2 de xaneiro de 1924
 Buenos Aires
Falecemento21 de xuño de 2005
 Buenos Aires
CausaDoenza cardiovascular
SoterradoCemiterio de La Chacarita
NacionalidadeArxentina
Ocupaciónmilitar
Guillermo Suárez Mason Firma.jpg
editar datos en Wikidata ]

Guillermo Suárez Mason (Buenos Aires, 2 de xaneiro de 1924 - Vila Devoto, 21 de xuño de 2005) foi un militar arxentino, un dos principais represores durante a ditadura entre 1976 e 1983. Foi xefe do I Corpo de Exército entre 1976 e 1980; coñecido como o carniceiro do Olimpo, en referencia a un dos máis grandes centros de detención e morte, do cal foi o seu principal responsable.

Suárez Mason graduouse na Academia Militar no ano 1944, na mesma promoción que Jorge Rafael Videla e Roberto Viola. Formou parte do infrutuoso golpe dirixido por Benjamín Menéndez en 1951 contra Juan Domingo Perón, e exiliouse no Uruguai durante os anos seguintes, ata que a chamada Revolución Libertadora derrocou a este en 1955.

Foi agregado militar da emabajada arxentina en Ecuador durante o goberno de Juan Carlos Onganía. En 1972 foi ascendido a xeneral, e encargado de tarefas de intelixencia militar; desempeñou un papel destacado no Operativo Independencia comezado durante o goberno de María Estela Martínez de Perón contra a disidencia política de esquerda; en declaracións de 1996 á revista Noticias afirmaría que "na guerra non existen os excesos; a guerra é un xogo no que o máis duro gana, e tiñamos que gañar".

Comandou o I Corpo do Exército Arxentino durante a ditadura; baixo a súa xurisdición operaron os centros de tortura de Automotores Orletti, o Pozo de Banfield, A Cacha e O Olimpo, e era o mando directo de Ramón Camps, o xefe da Policía Bonaerense. Baixo o control de Suárez Mason operaba tamén o Batallón 601 de Intelixencia do Exército, destinado a operacións de secuestro extorsivo; o Batallón contaba cun Grupo de Tarefas Extraterritoriales, que colaborou no golpe de estado de 1981 en Bolivia, e proporcióno adestramento aos contras nicaraguanos nunha base da CIA en Florida.

En 1980 foi trasladado ao Estado Maior do Exército, desde onde promoveu a guerra contra Chile pola disputa da canle do Beagle. Tras a derrota na guerra de Malvinas, Suárez Mason foi nomeado presidente de Yacimientos Petrolíferos Fiscales; as finanzas da puxante compañía estatal sufriron un duro revés baixo o seu mando, incrementando vertiginosamente o seu pasivo. Investigacións posteriores acusaríano de adulterar o combustible entregado a través da empresa Sol Petróleo S.A. para financiar operativos de intelixencia e apoiar aos contras en Centroamérica, no marco da Operación Cóndor. Operou tamén para a loxa masónica Propaganda Due, de Licio Gelli; o seu nome atopouse nos documentos deste, xunto co de José López Rega e outros militares, membros como el da Alianza Anticomunista Internacional.

Á caída do réxime militar fuxiu da Arxentina, e estableceuse en San Francisco, California en 1984. O pedido de extradición do goberno arxentino non foi satisfeito ata 1988, e foi condenado a indemnizacións millonarias, pero antes do fin do xuízo penal na súa contra o indulto concedido polo entón presidente Carlos Menem garantiulle a liberdade.

Acusado de roubar fillos dos desaparecidos nacidos en cativerio, foi novamente extraditado desde California a mediados dos anos 1990, por cargos de delitos contra a humanidade, solicitado polo entón fiscal Luís Moreno Ocampo. Volveu ser arrestado, e en atención á súa idade concedéuselle o arresto domiciliario. Violou os termos deste celebrando o seu octoxésimo aniversario no estado de Argentinos Juniors, en cuxas divisións inferiores xogara como porteiro, polo que foi encarcerado no penal de Villa Devoto. Morreu o 21 de xuño de 2005 aos 81 anos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]