Licio Gelli
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de abril de 1919 Pistoia, Italia (pt) |
Morte | 15 de decembro de 2015 (96 anos) Arezzo, Italia |
Causa da morte | Insuficiencia respiratoria |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, emprendedor, poeta, financeiro, banqueiro, político, criminal |
Partido político | Partido Nacional Fascista (pt) |
Membro de | |
Carreira militar | |
Conflito | segunda guerra mundial guerra civil española |
Outro | |
Condenado por | obstrução da justiça (pt) Fraude bancária (pt) |
Premios | |
Descrito pola fonte | Licio Gelli, Italian Financier and Cabal Leader, Dies at 96 (en) |
Licio Gelli, nado en Pistoia o 21 de abril de 1919 e finado en Arezzo o 15 de decembro de 2015, foi un financeiro italiano, fundamentalmente coñecido como mestre venerable da loxa masónica secreta P2[1][2] e a súa participación no escándalo do Banco Ambrosiano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Período fascista e a resistencia
[editar | editar a fonte]Licio era fillo de Ettore Gelli, un rico terratenente orixinario de Montale, e de Maria Gori. Aos dezaoito anos Gelli partiu como voluntario para combater na Guerra civil española en axuda das tropas nacionais do xeneral Francisco Franco. En 1939 volveu a Italia, colaborou coa federación fascista de Pistoia, escribindo no seu semanario , Ferruccio, as súas experiencias na guerra e traballou para o Gruppo Universitario Fascista, aínda que só tiña estudos primarios. En xaneiro de 1940 publicou o seu primeiro libro, Fuoco! Cronache legionarie della insurrezione antibolscevica di Spagna. En xuño de 1942 como inspector do Partido Nacional Fascista, é o encargado da custodia ata Italia o tesouro do rei Pedro II de Iugoslavia, 60 toneladas de lingotes de ouro, 2 de moedas antigas, 6 millóns de dólares americanos e 2 millóns de libras esterlinas que o Servizio Informazioni Militare requisara, cano se restituíu o tesouro en 1947 faltaban 20 toneladas de lingotes que Gelli transferira á Arxentina[3]
A partir do 8 de setembro de 1943 adheriuse á República de Saló, converténdose en oficial de enlace entre o goberno fascista e a Terceiro Reich. Contra o final da guerra Gelli entrou no movemento partisano, participando en xuño de 1944 na liberación de prisioneiros políticos do cárcere de Ville Sbertoli[4]. Logo da liberación casou o 16 de decembro de 1944 con Wanda Vannacci, coa que tivo catro fillos.
1945-1980
[editar | editar a fonte]Gelli estivo brevemente na cadea en 1945 e tras unha estadía na Arxentina volveu a Pistoia onde traballou como representante da Remington e nunha librería dedicándose tamén ao contrabando de tabaco[5]. Entre 1948 e 1958, Gelli foi asistente parlamentario do deputado democristián Romolo Diecidue por Florencia-Pistoia. En 1956 Gelli convértese en director de Permaflex en Frosinone, e é durante a súa dirección que se fixo unha sólida base económica e logrou reforzar os seus contactos con políticos democristiáns .[6]. Membro da masonería desde 1963[7] pasou logo á loxa “Hod” do mestre venerable Alberto Ascarelli, e promovido ao grao de “mestre”, alí coñeceu ao Gran Mestre do Grande Oriente de Italia Giordano Gamberini, que o inscribiu na loxa secreta P2[8]. En xuño de 1970, Lino Salvini, o novo Gran Mestre, delegou en Gelli a xestión da loxa P2, dándolle a facultade de iniciar a novos membros[9]. Estivo implicado[10] no Golpe Borghese, un golpe de estado fracasado previsto para decembro de 1970 e presuntamente tamén tivo relación coa Operación Glaudio, unha suposta estratexia de tensión en Italia baixo a cobertura da CIA e OTAN para contrarrestar a influencia comunista nos países de Europa Occidental[11][12][13][14].
Desde 1981
[editar | editar a fonte]En 1981 a raíz do escándalo do Banco Ambrosiano a policía realizou un rexistro na súa vila e descubriu as súas conexións coa P2 e atopou unha listaxe de 962 persoas, militares, empresarios e políticos, relacionados coa loxa clandestina. Formouse unha comisión parlamentaria de investigación, dirixida por Tina Anselmi que non atopou evidencia de ilegalidades pero en 1981 o parlamento italiano aprobou unha lei prohibindo as asociacións secretas en Italia e por causa do escándalo caeu o goberno de Arnaldo Forlani en xuño de 1981 [15]. Gelli durante o escándalo fuxiu a Suíza e foi arrestado o 13 de setembro de 1982 ao intentar retirar millóns de dólares en Xenebra[15] pero logrou escapara da cadea[16] establecéndose en América do Sur durante catro ano. Finalmente, Gelli entregouse en 1987 á xustiza suíza[17] que o buscaba polo colapso do Banco Ambrosiano [18] e por conexión co atentado na estación de ferrocarril de Boloña de 1980, no que morreran 85 persoas[18][19].Sentenciado a dous meses de cadea en Suíza[20] e un tribunal italiano en Florencia sentenciábao o 15 de setembro de 1987 a oito anos de cadea por financiar actividades terroristas de extrema dereita en Toscana na década de 1970[21], Gelli xa fora sentenciado in absentia a 14 mesese de condena en San Remo por exportar moeda ilegalmente[21]. Extraditado a Italia en febreiro de 1988, en xullo de 1988 a xustiza italiana absolveuno de asociación subversiva pero condenouno por calumnias, empececendo a investigación do masacre de Boloña. En 1992 un tribunal sentenciouno a 18 anos e medio de cadea como culpable de fraude en relación á bancarrota do Banco Ambrosiano, sentenza que un tribunal de apelación reduciu a 12 anos. En abril de 1994 outro tribunal sentenciouno a 17 anos por divulgar segredos de estado e empecer a investigación[22] pero finalmente reduciuse a súa sentenza e quedou en arresto domiciliario durante dous anos[23]. En maio de 1998 Gille desapareceu mentres estaba en arresto na súa mansión de Arezzo e a policía detívoo novamente en Cannes.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Dino P. Arrigo, Fratelli d’Italia. Cronache, storie, riti e personaggi (per capire la Massoneria), Rubbettino, Messina, 1994, p. 52
- ↑ Licio Gielli en Treccani.it
- ↑ "Focus Storia intervista Licio Gelli, l'ex Venerabile Maestro della loggia massonica P2 - Focus.it - Approfondimenti". Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2009. Consultado o 03 de maio de 2014.
- ↑ Indro Montanelli e Mario Cervi, L'Italia del Novecento, BUR, 2000, ISBN 88-17-86402-1, pp. 506 e ss..
- ↑ Silj, Alessandro (1994) Malpaese: criminalità, corruzione e politica nell'Italia della prima Repubblica, 1943-1994 Donzelli, p. 186
- ↑ Guarino, Mario e Raugei, Fedora (2006) Gli anni del disonore: dal 1965 il potere occulto di Licio Gelli e della Loggia P2 tra affari, scandali e stragi. Dedalo, pp. 41 e ss.
- ↑ Dino P. Arrigo, Fratelli d’Italia. Cronache, storie, riti e personaggi (per capire la Massoneria), Rubbettino, Messina, 1994, p. 46
- ↑ Dino P. Arrigo, cit., pp. 46-47
- ↑ Aldo A. Mola, Storia della Massoneria italiana dalle origini ai nostri giorni, Bompiani, 1992, p. 746
- ↑ Melchionda, Achille (2010) Piombo contro la giustizia: Mario Amato e i magistrati assassinati dai terroristi Pendragon, p. 188
- ↑ Daniele Ganser, NATO's Secret Armies: Operation GLADIO and Terrorism in Western Europe Frank Cass Publishers, 2004. ISBN 0-7146-8500-3
- ↑ Gianni Flamini, Il partito del golpe: Le strategie della tensione e del terrore dal primo centrosinistra organico al sequestro Moro, Italo Bovolenta Editore (1981-84), IV vol.
- ↑ René Monzat, Enquêtes sur la droite extrême, Le Monde-éditions, 1992
- ↑ Arthur E. Rowse, "Gladio: The Secret U.S. War to Subvert Italian Democracy" in Covert Action #49, Summer of 1994.[1] Arquivado 06 de xuño de 2014 en Wayback Machine.
- ↑ 15,0 15,1 "Leader of Italian Scandal Arrested Trying to Get Cash in Swiss Bank," Miami Herald, 15 de setembro de 1982
- ↑ "Scandal Figure Fled With Help of Warden". Miami Herald. 13 de agosto de ????.
- ↑ "Ex-head of Secret Masonic Lodge, Licio Gelli, Surrenders to Judge", The Seattle Times, 21 de setembro de 1987
- ↑ 18,0 18,1 "Italian Bank Scam Fugitive Surrenders in Switzerland", Philadelphia Daily News, 21 de setembro de 1987
- ↑ "Gelli, Fugitive Italian Financier, Gives Himself Up in Switzerland," The Philadelphia Inquirer, 22 de setembro de 1987
- ↑ "Swiss Court Jails Italian Financier", The Washington Post, 23 de decembro de 1987
- ↑ 21,0 21,1 "Terrorism Conviction," Newsday, 16 de decembro de 1987
- ↑ "Berlusconi gets speakers elected". The Guardian. 18 de marzo de 1994.
- ↑ Agence France Press, ed. (10 de setembro de 1998). "Grandmaster of Italian P2 lodge arrested".