Guillem Sagrera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGuillem Sagrera
Biografía
Nacemento1380 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Felanitx Editar o valor em Wikidata
Morte1456 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (75/76 anos)
Nápoles Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Mallorca Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecto , escultor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata
Sección da Lonxa de Palma.
Castel Nuovo de Nápoles e pórtico occidental de Francesco Laurana.

Guillem Sagrera, nado en Felanitx cara a 1380 e finado en Nápoles en 1456, foi un arquitecto e escultor mallorquín dos períodos gótico e gótico internacional.

Obra[editar | editar a fonte]

En Perpiñán[editar | editar a fonte]

As primeiras obras importantes de Sagrera aparecen en Perpiñán, no Rosellón, que fora capital do Reino de Mallorca. Alí aparece traballando en 1416 na catedral de San Xoán Bautista, cuxa construción estaba paralizada desde había décadas. Nesa data o administrador Galcerán Albert impulsa a súa prosecución. Sagrera está aquí, como mestre de obras, até 1422, cargo no que continuará despois dese ano, aínda tendo regresado á illa de Mallorca. De feito cando en 1436, Galcerán Albert convértese en bispo da diocese, reimpulsa as obras que seguen as trazas de Sagrera. A sé de Perpiñán transfórmase nunha igrexa de planta de salón, moi típica nas terras mediterráneas.

En Palma[editar | editar a fonte]

A partir do 1420, Guillem Sagrera é nomeado mestre maior da catedral de Palma, onde dirixe diversas obras. Entre todas destaca a Porta do Mirador, da que non só dá as trazas, senón que efectúa labor escultórico, no que salientan as estatuas de San Pedro e San Paulo (a virxe da mesma está hoxe no Museo de Palma, mentres que no lugar hai unha réplica).

En 1426 acomete unha das súas obras máis completas: a Lonxa ou Llotja en catalán, encargada polo gremio de mercadores da cidade. Sagrera traballa na dirección do edificio até arredor de 1447. As obras non sería terminadas até o 1452 polo seu continuador, Guillem Vilasclar. Na Lonxa, Sagrera creou un espazo abovedado sostido sobre delgadas columnas estriadas, que confiren ao salón unha elevado sensación de levedade. Segundo Pérez Sánchez, Sagrera debeuse inspirar na igrexa dos dominicos da mesma cidade de Palma, hoxe desaparecida. O arquitecto volveu traballar como escultor, destacando segundo os críticos polo o anxo da fachada, de factura máis lixeira que as imaxes da Sé. A lonxa de Sagrera converteuse nunha obra cimeira do gótico civil ibérico, tan escaso de exemplos, pero case todos erguidos nos reinos orientais hispánicos. Entre as edificacións que a imitan destaca a Lonxa de Valencia.

En Italia[editar | editar a fonte]

Afonso o Magnánimo reclamou a Sagrera para Nápoles. Alí, xunto co escultor catalán Pere Joan, acometeu a reforma do Castel Nuovo. Ao arquitecto débense a concepción xeral e as torres circulares. Sagrera trazou tamén no mesmo edificio a igrexa de San Giorgio, templo no que segue os principios construtivos empregados na Lonxa de Palma.

A cargo das obras napolitanas, Sagrera faleceu en 1456.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]