Pere Joan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pere Joan
Falecementoséculo XIV
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescultor
editar datos en Wikidata ]

Pere Joan foi un escultor catalán do século XV. Nado arredor de 1398, era fillo de Jordi de Déu, grego de Mesina, antigo escravo de Jaume Cascalls, escultor catalán do século XIV. As derradeiras noticias sobre Pere Joan son de 1458 polo que se supón que falecería pouco despois dese ano.

Medallón de Sant Jordi

Primeiros traballos[editar | editar a fonte]

Iniciouse na arte escultórica moi novo, moi probabelmente co seu pai. Con menos de vinte anos de idade aparecen xa documentadas as súas primeiras obras en solitario: unha clave de bóveda na nave central da catedral de Barcelona, que representa un Cristo na gloria circundado de anxos (1418) e mais na fachada leste do Pazo da Generalitat de Cataluña, na rúa do Bisbe. Aquí realizou o medallón de Sant Jordi (1416-1418). Fixo tamén as gárgolas da fachada gótica da Casa da Cidade. O seu virtuosismo artístico inscríbese dentro dos parámetros do gótico internacional. Cara 1425 atópase traballando na catedral de Xirona.

Obras de madurez[editar | editar a fonte]

As súas obras máis sobresalientes son o retablo maior da sé de Tarragona (1426), para a que realizou, en alabastro, unha predela coa historia de Santa Tegra. Entre 1434 e 1439 está en Zaragoza, onde executa labores no retablo maior de la catedral de Zaragoza, que remataría Hans de Suabia. Ambos os dous traballos foran contratados polo arcebispo de Tarragona Dalmau de Mur.

El Castel Nuovo, co arco de triunfo de Afonso o Magnánimo

A petición do rei Afonso o Magnánimo, viaxou a Nápoles para traballar na decoración do Castel Nuovo onde, xunto con o mallorquín Guillem Sagrera, executaron un arco de triunfo na entrada da fortaleza.

Valoración[editar | editar a fonte]

Pere Joan ten sido acusado de pesadez e falta de imaxinación á hora de plasmar sentimentos nas figuras humanas, mais lóuvase a súa capacidade plástica e paisaxística.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]