Guillaume le Rouge
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1385 Borgoña-Franco Condado, Francia |
Morte | 1456 (70/71 anos) |
Actividade | |
Ocupación | compositor |
Guillaume le Rouge, nado arredor de 1385 e activo no período entre 1450 e 1465, foi un cantante e compositor da escola de Borgoña, pertencente á aescola francoflamenga[1].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Guillaume le Rouge foi un cabaleiro da corte de Carlos I de Orleáns, fillo de Xoán Sen Medo, duque de Borgoña, e conde palatino de Borgoña.
Exerceu como cantante, compositor e mestre de capela de Carlos de Orleáns, que protexía os seus artistas, músicos, xograres e poetas[2]. Estes últimos pedíronlle a Guillaume le Rouge que compuxese melodías e rondós para os seus poemas e as súas cancións de amor cortés. Entre as súas composicións, Si je fayz dueil foi a única que chegou ata os nosos días[3].
Como mestre de capela compuxo misas, entre as que son salientables Mon cuer pleure, e Soyez aprantiz, a tres voces[4].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Peter Woetmann Christoffersen. The Copenhagen chansonnier and the "Loire Valley" chansonniers. (En inglés)
- ↑ Daniel Poirion. Le poète et le prince: l'evolution du lyrisme courtois. Ed. Slatkine. Xénova. 1978. Páxina 164. (En francés)
- ↑ Partitura da composición. Bayerische Staatsbibliothek. Múnic.
- ↑ "Guillaume le Rouge". En Musicalcs.com. (En francés)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Partituras de Guillaume le Rouge en Choral Public Domain Library.