Villasdardo
Aparencia
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Castela e León | ||||
| Provincia | provincia de Salamanca | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 22 (2024) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 21,54 km² | ||||
| Altitude | 818 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Manuel Ríos Prieto | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 37468 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 37368 | ||||
Villasdardo é un municipio español da comarca de Tierra de Ledesma, na provincia de Salamanca, Castela e León.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O seu nome provén da lingua leonesa medieval, estando rexistrado no século XIII como Villares Sordo e no XV como Villares Dardo, derivando diso a actual denominación. Así, Villares traduciríase en leonés cun dobre significado: "pobos" ou "casas", sendo esta última a acepción máis axustada ao caso, descoñecéndose o significado da segunda parte do nome.
Historia
[editar | editar a fonte]A fundación do actual Villasdardo débese aos reis leoneses, que fundaron esta localidade na Alta Idade Media. Posteriormente, no século XVI, foi señorío de Fernán Álvarez Abarca, médico real.
Demografía
[editar | editar a fonte]| 1900 | 1920 | 1940 | 1960 | 1981 | 2000 | 2013 |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 95 | 123 | 105 | 86 | 53 | 22 | 19 |
Patrimonio
[editar | editar a fonte]- Dolmen da Casa del Moro, con restos das estruturas da cámara e do corredor e que dan mostra da presenza humana no termo municipal dende a Prehistoria.
- Igrexa da Nosa Señora da Concepción.
- Ponte de lanchas xunto á poza de Peñas Albas.
- Interesante arquitectura tradicional.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Villasdardo |
