Guerra sucia na Arxentina na cultura
O impacto da guerra sucia na Arxentina sobre a cultura foi considerable, tanto dentro como fóra do país. Por unha banda a poboación en liñas xerais e a mocidade en particular, sentiuse fortemente afectada polos horrores revelados polas investigacións realizadas unha vez caído o goberno militar. Os dereitos humanos, a paz e a democracia, como ideais sociais, adquiriron unha valoración máxima na sociedade arxentina. Os programas educativos, en escolas, colexios e universidades incluíron o ensino das violacións de dereitos humanos durante a ditadura militar, denominada explicitamente con ese termo.
No campo artístico pode dicirse que a guerra sucia impactou todas as áreas e practicamente a todos os artistas dun modo ou outro.
Cine
[editar | editar a fonte]Entre as películas realizadas sobre a temática da guerra sucia na Arxentina poden mencionarse:
- Tiempo de revancha (1981), de Adolfo Aristaráin.
- La historia oficial (1984), de Luis Puenzo, que obtivo o Oscar á mellor película estranxeira.
- Cuarteles de invierno (1984), de Lautaro Murúa, con libro de Osvaldo Soriano.
- El exilio de Gardel (Tangos) (1985), de Pino Solanas.
- Hay unos tipos abajo (1985), de Rafael Filippelli.
- La Noche de los Lápices (1986), de Héctor Olivera, e libro de María Seoane e Héctor Ruiz Nuñez.
- La República perdida II (1986), documental de Miguel Pérez.
- El ausente (1987), de Rafael Filippelli.
- Mirta, de Liniers a Estambul (1987), de Jorge Coscia e Guillermo Saura.
- La amiga (1989), de Jeanine Meerapfel, con Liv Ullmann, Federico Luppi e Cipe Lincovsky
- El lado oscuro (1990), de Gonzalo Suárez.
- 1977, casa tomada (1997), documental de María Pilotti.
- Por esos ojos (1997), documental de Gonzalo Arijón e Virginia Martínez.
- H. G. O. (1999), documental de Víctor Bailo e Daniel Stefanello.
- Garage Olimpo (1999), de Marco Bechis.
- Yo, Sor Alice (2000), documental de Alberto Marquardt.
- Botín de Guerra (2000), documental de David Blaustein.
- Historias cotidianas (2000), documental de Andrés Habegger.
- Ni vivo, ni muerto (2001), de Víctor Jorge Ruiz.
- Los pasos perdidos (2001), de Manane Rodríguez.
- Kamchatka (2002), de Marcelo Piñeyro.
- Assassination tango (2003), de Robert Duvall, con Robert Duvall e Rubén Blades.
- Imagining Argentina (2003), de Christopher Hampton, con Antonio Banderas, Emma Thompson e Rubén Blades.
- Nietos: identidad y memoria (2004), documental de Benjamín Ávila.
- Crónica de una fuga (2005), de Adrián Caetano, con Rodrigo De La Serna e Pablo Echarri.
- Hermanas (2005), de Julia Solomonoff.
- Historias de aparecidos (2005), documental de Pablo Torello.
Música
[editar | editar a fonte]"Nais dos desaparecidos" | |||
---|---|---|---|
|
Durante a ditadura militar moitos artistas estiveron prohibidos e incluídos en listaxes negras. Logo da derrota na Guerra das Malvinas e a apertura do proceso electoral, os artistas censurados comezaron a retornar aos escenarios. Moitos deses recitais convertéronse en acontecementos culturais como os de Mercedes Sosa no Teatro Opera en 1982 [1], Joan Manuel Serrat no Luna Park en 1983,[2] e os de Silvio Rodríguez e Pablo Milanés en Obras en 1984 .[3]
Existen algunhas obras musicais que foron paradigmáticas da guerra sucia, como as cancións:
- Los dinosaurios, de Charly García.[4]
- Canción de Alicia en el país, de Charly García interpretada por Serú Girán.[5]
- Todavía cantamos, de Víctor Heredia.[6]
- Sobreviviendo, de Víctor Heredia.[7]
- Informe de la situación, de Víctor Heredia.[8]
- Una canción posible, de Víctor Heredia.[9]
- Avenida de los tilos, de María Wérnicke, cantada por Luciana.
- Victoria Clara, interpretada por Bersuit Vergarabat.[10]
- A banda musical da película El exilio de Gardel.
- Noche de los Lápices do cantautor canario Rogelio Botanz, composta sobre o testemuño de Pablo Díaz, único sobrevivente do grupo de adolescentes secuestrados nese operativo.
- Matador, polos Los Fabulosos Cadillacs.[11]
- Hombres de hierro, de León Gieco.[12]
- Las madres del amor, de León Gieco.[13]
- Pensé que se trataba de cieguitos, de Pipo Cipolatti, por Los Twist.[14]
- Undercover of the night, polos The Rolling Stones.[15]
- Mothers Of The Disappeared, por U2.[16]
- Con la frente marchita, de Joaquín Sabina.[17]
- Sin cadenas, interpretada por Los Pericos.[18]
- Vuelos, interpretada por Bersuit Vergarabat.[19]
- Canción Inútil, interpretada por Attaque 77.[20]
Escultura e monumentos
[editar | editar a fonte]Levantáronse esculturas en todas as partes do país co fin de expresar os sentimentos espertados pola guerra sucia. Algunhas delas son:
- Praza Francia Trenque Lauquen (Provincia de Bos Aires): catro esculturas en memoria dos desaparecidos: "Fragmentos e esfera" de Ferruccio Polacco, "Esencial" de Carlos Cornejo, "Retrato dun tempo" de Juan Alfredo Percivalle e "Imaxes" de Luís Jiménez..[21]
- Parque da Memoria (Cidade de Bos Aires):
- Monumento ás Vítimas do Terrorismo de Estado (en construción en outubro de 2006). Deseñado como un carreiro-rampla coa forma dunha ferida xigantesca no céspede en dirección ao Río da Prata onde estarán os nomes de cada un dos desaparecidos e asasinados.
- 18 esculturas conmemorativas: doce delas elixidas por concurso e outras seis pertencentes a artistas cun compromiso especial coa loita polos dereitos humanos. As esculturas pertencen a Claudia Fontes (Retrato de Pablo Míguez), Marie Orensanz (Pensar es un hecho revolucionario), Clorindo Testa (Sin título), Marjetica Potrc (La casa de la historia), Nicolás Guagnini (30.000), Germán Botero (Huaca), Norberto Gómez (Torres de la memoria), Grupo de arte callejero (Carteles de la memoria), Nuno Ramos (Olimpo), Juan Carlos Distéfano (Por gracia recibida), Per Kirkeby (Memoria espacial), Jenny Holzer (Sin título), Rini Hurkmans ( Pietà de Argentina), Leo Vinci (Presencia), Roberto Aizenberg (Sin título) Magdalena Abakanowicz (Figuras caminando), Dennis Oppenheim (Monumento al escape) e William Tucker (Victoria). En outubro de 2006 colocáronse as esculturas de Aizenberg, Oppenheim e Tucker.
- Puerto Madero (Cidade de Bos Aires): Escultura en memoria dos traballadores portuarios desaparecidos: Eduardo De Pedro, José Manuel Moreno, Francisco Pana, Rubén Correa e Osvaldo Camarotti. Realizada por Omar Gasparini. Situada no Boulevard Azucena Villaflor.
- Igrexa de San Patricio, Belgrano (cidade de Bos Aires): Camiño dos Palotinos, monumento obra de Roberto Frangella, en recordo dos relixiosos asasinados no Masacre de San Patricio.
Tamén existen emotivas esculturas populares, anónimas ou colectivas, que en xeral foron colocadas nos centros clandestinos de detención. Entre elas destácanse a columna rodeada de corpos que emerxe das profundidades do CCD Club Atlético, ou as esculturas colocadas nas reixas da ESMA.
Pintura
[editar | editar a fonte]Entre as obras artísticas relacionadas coa guerra sucia destácase "Identidade" un complexo de fotos e espellos realizado por trece artistas arxentinos a pedido das Avoas da Praza de Maio. Entre os artistas atópanse Carlos Alonso, Nora Aslan, Mireya Baglietto, Remo Bianchedi, Diana Dowek, León Ferrari, Rosana Fortes, Carlos Gorriarena, Adolfo Nigro, Luís Felipe Noé, Daniel Ontiveros, Juan Carlos Romeu e Marcia Schvartz.
Literatura
[editar | editar a fonte]Carta Abierta | |||
---|---|---|---|
|
Entre as obras literarias relacionadas coa guerra sucia pódense mencionar:
- Proteo (1979), de Morris West. Os libros que a ditadura militar non puido destruír, A Capital, 14 de marzo de 2004
- Nadie nada nunca (1980), de Juan José Saer.
- Respiración Artificial (1980), de Ricardo Piglia.
- Flores robadas en los jardines de Quilmes (1980), de Jorge Asís.
- Cuarteles de Invierno (1983), de Osvaldo Soriano.
- Do poeta Juan Gelman deben mencionarse os seus libros Hechos y relaciones (1980), Citas y comentarios (1982), Hacia el Sur (1982), entre outros.
- Mi hija Dagmar (1984), libro de Ragmar Hagelin sobre a desaparición da súa filla Dagmar Hagelin, unha moza adolescente sueca secuestrada por Alfredo Astiz por erro durante a ditadura arxentina de 1976-1983.

Teatro
[editar | editar a fonte]En 1981 produciuse o Movemento do Teatro Abierto, unha reacción cultural contra a ditadura militar que tivo unha ampla influencia na poboación. Teatro Abierto foi organizado por un grupo de xente do teatro integrado por Osvaldo Dragún, Roberto Cossa, Jorge Rivera López, Luis Brandoni e Pepe Soriano, apoiados por Adolfo Pérez Esquivel, recentemente elixido Premio Nobel da Paz e Ernesto Sabato.[22] O movemento iniciouse no Teatro Picadero situado na cortada Rauch da cidade de Bos Aires, que por esa razón foi mandado a queimar obviamente polo goberno militar. Teatro Abierto moveuse entón ao Teatro Tabaris.[23]
O ciclo repetiuse en 1982, en 1983 (co lema de "gañar a rúa"), e en 1984 (o "teatrazo"). Entre as obras daqueles ciclos poden mencionarse Gris de Ausencia (1981) de Roberto Cossa, Tercero Incluido (1981) de Eduardo Pavlovsky, Oficial Primero (1982) de Carlos Somigliana. Teatro Abierto influíu no resto das actividades artísticas organizándose actividades similares noutros campos como Danza Aberta, Música Sempre, Libro Aberto, Poesía Aberta, Tango Aberto ou Folclore Aberto, tanto na capital como nalgunhas provincias.
Artistas
[editar | editar a fonte]Algúns artistas nos cales a guerra sucia impactou especialmente son Mercedes Sosa, Víctor Heredia, Charly García, Juan Carlos Distéfano, Juan Gelman, León Ferrari etc.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Mercedes Sosa: el regreso Arquivado 29 de abril de 2008 en Wayback Machine., Mercedes Sosa.
- ↑ "Joan Manuel Serrat, el retorno". www.magicasruinas.com.ar. Consultado o 2020-03-25.
- ↑ "LOS LIBROS DEL ROCK ARGENTINO: HISTORIA DEL ROCK EN ARGENTINA". www.loslibrosdelrockargentino.com. Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2020. Consultado o 2020-03-25.
- ↑ "Los dinosaurios, Charly García". Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2007. Consultado o 18 de agosto de 2008.
- ↑ "Canción de Alicia en el país, Charly García-Serú Girán". Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2008. Consultado o 18 de agosto de 2008.
- ↑ "Todavía cantamos (Víctor Heredia)". CANCIONEROS.COM. Consultado o 2020-03-25.
- ↑ "Sobreviviendo (Víctor Heredia)". CANCIONEROS.COM. Consultado o 2020-03-25.
- ↑ "Informe de la situación, Victor Heredia". Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2007. Consultado o 18 de agosto de 2008.
- ↑ "Una canción posible, Victor Heredia". Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2007. Consultado o 18 de agosto de 2008.
- ↑ Victoria Clara, Bersuit Vergarabat Arquivado 13 de outubro de 2007 en Wayback Machine. A canción Victoria Clara pode ser libremente baixada deste sitio: Victoria Clara.mp3 Arquivado 10 de outubro de 2006 en Wayback Machine.
- ↑ "Matador, Los Fabulosos Cadillacs". Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2008. Consultado o 18 de agosto de 2008.
- ↑ "Hombres de hierro, León Gieco". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2008. Consultado o 18 de agosto de 2008.
- ↑ "Las madres del amor, León Gieco". Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2006. Consultado o 18 de agosto de 2008.
- ↑ "Pensé que se trataba de cieguitos, Los Twist". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2007. Consultado o 18 de agosto de 2008.
- ↑ "Undercover of the night, Rolling Stones". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2006. Consultado o 18 de agosto de 2008.
- ↑ "Madres de los desaparecidos (letra en español), U2". Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2008. Consultado o 18 de agosto de 2008.
- ↑ "Con la frente marchita, Sabina". Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2008. Consultado o 18 de agosto de 2008.
- ↑ "Sin Cadenas - Los Pericos". Letras.mus.br. Consultado o 2020-03-25.
- ↑ "Bersuit Vergarabat". bersuit.com. Consultado o 2020-03-25.
- ↑ "Canción Inútil, Attaque 77". Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2007. Consultado o 18 de agosto de 2008.
- ↑ "Desaparecidos en Argentina - Homenajes - Trenque Lauquen". www.desaparecidos.org. Consultado o 2020-03-25.
- ↑ O Teatro Aberto Arxentino: un caso de teatro popular de resistencia cultural, por Luís Chesney Lawrence, Dramateatro, Venezuela, 2000
- ↑ "Una sala contra el olvido". www.clarin.com (en castelán). Consultado o 2020-03-25.