Guerra da Patuleia
A Patuleia,[1] ou Guerra da Patuleia, é o nome que se deu á guerra civil entre "cartistas" (a tendencia máis conservadora do liberalismo xurdido despois da revolución de 1820, centrada en torno á Carta Constitucional de 1826, outorgada por Pedro IV nunha tentativa de reducir os conflitos abertos pola revolución, dado o seu carácter menos radicalizante do que a Constitución Política da Monarquía Portuguesa de 1822,[2] e os "setembristas" (a corrente máis á esquerda do movemento liberal, recibindo esta designación polo apoio prestado por esta facción á Revolución de setembro; este movemento defendía a supremacía da soberanía popular, loitando activamente pola substitución da Carta Constitucional de 1826, outorgada polo soberano, por unha constituición aprobada por un congreso democraticamente elixido polo pobo),[3] no curso da Revolución de Maria da Fonte.
Nome
[editar | editar a fonte]Para algúns autores, o nome "Patuleia" deriva de pata ao léu (pé descalzo), mentres que outros defenden que é a adaoptación do termo castelán patulea, que significa "partida de xente desordenada e violenta".[4]
Decurso
[editar | editar a fonte]Orixe
[editar | editar a fonte]Foi desencadeada en Portugal polo nomeamento, no curso do golpe palaciano do 6 de outubro de 1846, coñecido como a emboscada, dun goberno claramente "cartista" presidido polo mariscal João Oliveira e Daun, duque de Saldanha.
Transcurso
[editar | editar a fonte]A guerra civil tivo unha duración de cerca de oito meses, opondo os cartistas (co apoio da raíña María II) a unha coalición contranatura que unía setembristas e miguelistas (partidarios do rei Miguel I, irmán de Pedro IV e pai de María II).
Fin
[editar | editar a fonte]A guerra terminou cunha clara vitoria cartista, materializada a 30 de xuño de 1847 pola sinatura da Convenção de Gramido, despois da intervención de forxas militares estranxeiras ao abeiro da Cuádrupla Alianza.[5] [6] [7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Patuleia. En Infopédia. Porto: Porto Editora, 2003-2010. (Consultada o 1 de maio de 2018).
- ↑ Cartismo[Ligazón morta], en Centro de Estudos do Pensamento Político (en portugués).
- ↑ Setemprismo[Ligazón morta], en Centro de Estudos do Pensamento Político (en portugués).
- ↑ patulea 3ª acep., no DRAE.
- ↑ Menchén 1989, p. 42.
- ↑ Vilar 2003, p. 406.
- ↑ López-Cordón 1981, p. 855.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- López-Cordón Cortezo, Mª Victoria (1981): "La política exterior", en: La Era isabelina y el sexenio democrático, tomo XXXIV da Historia de España Menéndez Pidal-Jover Zamora, Maadris: Espasa-Calpe, pp. 819–899.
- Menchén Barrios, María Teresa (1989): "La Cuádruple Alianza (1834). La Península en un sistema occidental", en Cuadernos de la Escuela Diplomática, Ministerio de Asuntos Exteriores, segunda época, Nº 2, pp. 31–51.
- Vilar, Juan Bautista (2003): "España en la Europa de los nacionalismos: entre pequeña nación y potencia media (1834-1874)" en: Juan Carlos Pereira (coord.): La política exterior de España (1800-2003). Barcelona: Ariel, pp. 401–420.