Grzegorz Petrowicz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Grzegorz Petrowicz
Grzegorz Petrowicz.jpg
Presbítero da Igrexa Católica Armenia
Biografía
Nacemento23 de decembro de 1916 en Stetseva, distrito de Sniatyn, rexión de Ivano-Frankivsk
Pasamento17 de decembro de 2004 en Roma
Ordes
Ordenación sacerdotal1941

Grzegorz Petrowicz, tamén coñecido como Gregorio e Krikor, nado o 23 de decembro de 1916 en Stetseva (hoxe Ucraína)[1] e finado o 17 de decembro de 2004 en Roma, foi un sacerdote católico armenio, teólogo e profesor do Pontificio Colexio Armenio de Roma.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia armenia-galiciana. Quedou orfo da súa nai cando era moi novo, e coa axuda Dionizy Kajetanowicz comezou a estudar en 1928 en Lviv.[1] En 1931 foi enviado polo arcebispo Józef Teodorowicz a estudar no Pontificio Colexio Armenio de Roma. En 1941 foi ordenado sacerdote por Sarkis Der Abrahamian.

Por mor do estoupido da Segunda Guerra Mundial tivo que permanecer en Roma. Obtivo o doutoramento en Teoloxía e por máis de 50 anos impartiu clases no Colexio armenio. Foi tamén secretario persoal do cardeal e patriarca de Cilicia Gregorio Pedro XV Aghachanean. É autor da monumental obra La Chiesa Armena in Polonia, describindo a historia dos armenios galicianos. Finou o 17 de decembro de 2004 en Roma, con 88 anos.

Obra[editar | editar a fonte]

  • L'Unione degli armeni di Polonia con la Santa Sede: 1626-1686. Pontificio Instituto Oriental. 1950. 
  • Il Patriarca di Ecimiazin Stefano V Salmastetzi: 1541?-1552. Pontificio Instituto Oriental. 1962. 
  • I copisti e scrittori armeni di Polonia nei secoli XV-XVIII. Biblioteca Apostolica Vaticana. 1964. 
  • I fratres unitores nella chiesa armena (1330-1360). Pontificia Universidade Urbaniana. 1969. 
  • La Chiesa Armena in Polonia e nei paesi limitrofi: 1350-1624 1. Pontificio Instituto de Estudos Eclesiásticos. 1971. 
  • La Chiesa Armena in Polonia e nei paesi limitrofi: 1686-1954 3. Pontificio Instituto de Estudos Eclesiásticos. 1988. 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Isakowicz-Zaleski, Tadeusz (2001). Słownik biograficzny duchownych ormiańskokatolickich oraz duchownych rzymskokatolickich pochodzenia. Ormiańskie Towarzystwo Kulturalne. ISBN 8390315742.