Grupo sanguíneo
![]() | Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Un grupo ou tipo sanguíneo é unha forma de agrupar certas características do sangue que dependen dos antíxenos presentes na superficie dos glóbulos vermellos e no soro do sangue.
As dúas clasificacións máis importantes para describir grupos sanguíneos en humanos son os antíxenos e o factor Rh. As transfusións de sangue entre grupos incompatibles poden provocar unha reacción inmunolóxica que pode desembocar en hemólise, anemia, insuficiencia renal, shock, ou morte.
Clasificación[editar | editar a fonte]
Existen varios tipos sanguíneos, segundo a clasificación e mesmo o criterio de fenotipación que se estableza para a marcaxe. Algúns deles son:
- A reacción inmunitaria máis forte parte do factor Rh, que pode ser positivo ou negativo (Rh+ e Rh-);
- Outra clasificación habitual é a que divide nos grupos 0 (cero), A, B e AB. En realidade, estes catro fenotipos responden a un nivel de complexidade de primeiro grao, pois hai outras subclasificacións (sobre todo do grupo A: A1, A2 etc.);
- Existen outras clasificacións: Duffy, Lutheran etc.
Cada sistema sanguíneo ten unhas características determinadas, en particular para a cuestión de compatibilidade nas doazóns. Mentres o factor Rh ou o grupo AB0 poden provocar incompatibilidade materno-fetal por responder a clasificación a parámetros inmunitarios (antíxenos eritrocitarios), outros clasificadores sanguineos indirectos (o sistema secretor) non presentan incompatibilidade en certos casos.
Antropoloxía[editar | editar a fonte]
O uso de certos grupos de sangue vense usando dende hai tempo coma marcadores xenéticos para determinar características poboacionais. As anécdotas máis coñecidas son as do traballo de Luigi Luca Cavalli-Sforza, xenetista italiano que asociou a tipoloxía lingüística cos grupos xenéticos nas poboacións, ademais do famoso comentario de Xabier Arzalluz sobre a alta frecuencia do Rh negativo nos vascos (o cal por outro lado está demostrado que é certo, tanto para os poboadores de Euskadi coma tamén para os galegos).
Compatibilidade[editar | editar a fonte]
O doante de sangue e o receptor deben ter grupos compatibles. O grupo O- é compatible con todos, polo que quen teña dito grupo díse que é un doante universal. Pola outra banda, unha persoa que teña o grupo AB+ poderá recibir sangue de calquera grupo, e díse del que é un receptor universal.
Táboa de compatibilidade[editar | editar a fonte]
A táboa que segue indica as compatibilidades entre grupos sanguíneos. Por exemplo, unha persoa de grupo A- poderá recibir sangue O- ou A- e doar a AB+, AB-, A+ ou A-.
Receptor | Doador | |||||||
O-
|
O+
|
B-
|
B+
|
A-
|
A+
|
AB-
|
AB+
| |
AB+
|
X
|
X
|
X
|
X
|
X
|
X
|
X
|
X
|
AB-
|
X
|
X
|
X
|
X
|
||||
A+
|
X
|
X
|
X
|
X
|
||||
A-
|
X
|
X
|
||||||
B+
|
X
|
X
|
X
|
X
|
||||
B-
|
X
|
X
|
||||||
O+
|
X
|
X
|
||||||
O-
|
X
|
Frecuencia[editar | editar a fonte]
A distribución dos grupos sanguíneos na poboación humana non é uniforme. O máis común é O+, mentres que o máis infrecuente é AB-. Ademais, hai variacións na distribución nas distintas poboacións humanas.
Tipo | Frecuencia |
O+ | 39% |
A+ | 33% |
B+ | 9% |
O- | 7% |
A- | 6% |
AB+ | 3% |
B- | 2% |
AB- | 1% |