Grassroots
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Grassroots é unha forma de asociación, constituído polos membros dunha comunidade. Implica que a creación do movemento e o apoio do grupo é natural e espontáneo, destacando as diferenzas con comunidades promovidas polas estruturas de poder.
Diferentes contextos xeográficos[editar | editar a fonte]
Nos Estados Unidos, onde teñen a súa orixe, os movementos Grassroots existen a nivel local, con voluntarios na comunidade que doan o seu tempo para apoiar un partido político local que máis tarde apoiará un partido a nivel nacional. Por exemplo, un movemento deste tipo anima a rexistrar votantes para un partido político determinado.
Técnicas[editar | editar a fonte]
Os Grassroots organízanse e crean grupos de presión de varias formas:
- Albergando reunións en locais e realizando congresos anuais e/ou xerais
- Colocando carteis e anuncios
- Falando coa xente pola rúa
- Pedindo sinaturas
- Obtendo cartos e donativos
- Colocando mesas de información polas rúas
- Organizando manifestacións
- Pedindo opinións á poboación que serán tidas en conta despois.
- Todas elas, formas variadas de aplicación do concepto "Do It Yourself", co que está relacionado.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Apoio á Comunidade Estratexia para que as tropas americanas volvan á casa. Debra Stein.
- Manual do cidadán Guía para a organización de Grassroots.