Saltar ao contido

Grant Wood

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGrant Wood

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Grant DeVolson Wood Editar o valor en Wikidata
13 de febreiro de 1891 Editar o valor en Wikidata
Anamosa, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte12 de febreiro de 1942 Editar o valor en Wikidata (50 anos)
Chicago, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de páncreas Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoAmericanos brancos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónSchool of the Art Institute of Chicago (en) Traducir
Academia Julian (pt) Traducir
Washington High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Região Metropolitana de Minneapolis-Saint Paul (pt) Traducir
Iowa City
Chicago
Cedar Rapids (pt) Traducir
París Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor, profesor universitario, gravador Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Iowa Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoRetrato pictórico, figura, Arte de paisaxes e Natureza morta Editar o valor en Wikidata
MovementoRegionalismo (arte) (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosJohn O. Robert Sharp (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RepresentanteArtists Rights Society Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
IrmánsNan Wood Graham Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Discogs: 2257594 WikiTree: Wood-9885 Find a Grave: 1122 Editar o valor en Wikidata

Grant DeVolson Wood, nado en Anamosa (Iowa) o 13 de febreiro de 1891 e finado en Iowa City o 12 de febreiro de 1942, foi un pintor estadounidense. É coñecido sobre todo polas súas pinturas que representan o Medio Oeste rural estadounidense de entreguerras. Foi un dos pintores da Escola Ashcan, que a través de Arshile Gorky levou ao expresionismo abstracto posterior á segunda guerra mundial.

É especialmente célebre a obra American Gothic, que se converteu nunha pintura icónica do século XX.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A súa familia trasladouse a Cedar Rapids despois de que o pai morrese en 1901. Axiña comezou a traballar como aprendiz nunha metalurxia local. Despois de graduarse na Washington High School, Wood ingresou nunha escola de arte de Minneapolis en 1910, e regresou un ano máis tarde para dar clases nunha escola dunha soa aula. En 1913 acudiu ao Art Institute of Chicago e fixo algún traballo como prateiro. Regresou de novo a Cedar Rapids para ensinar a estudantes da Junior High despois de servir no exército como pintor de camuflaxe. Dende 1920 ata 1928 fixo catro viaxes a Europa, onde estudou moitos estilos de pintura, especialmente o impresionismo. Porén, foi a obra de Jan van Eyck a que o influíu para adquirir a claridade desta nova técnica e incorporala ás súas novas obras. Entre 1924 e 1935, Wood viviu na planta alta dun garaxe que converteu no seu estudio persoal en "5 Turner Alley"; o taller non tivo dirección ata que Wood fixo unha el mesmo. En 1932, Wood axudou a fundar a Stone City Art Colony preto da súa cidade natal para axudar os artistas durante a Gran Depresión. Converteuse nun gran defensor do rexionalismo nas artes.[3]

Wood estivo casado con Sara Sherman Maxon, catro anos máis vella ca el, entre 1935 e 1938. Os seus amigos consideraban que o matrimonio era un erro para Wood.[4]

Wood ensinou pintura na Escola de Arte da Universidade de Iowa dende 1934, o que o levou a trasladarse a Iowa City. Durante ese tempo, supervisou proxectos de pintura mural, tutelou estudantes, produciu unha variedade de obras propias, e converteuse en peza chave da comunidade cultural da universidade.

O 12 de febreiro de 1942, o día anterior ao seu 51.º aniversario, Wood morreu no hospital da universidade vítima dun cancro pancreático.[5] Está enterrado en Riverside Cemetery, Anamosa, Iowa.[6] Cando faleceu, a súa herdanza pasou á súa irmá, Nan Wood Graham, a muller retratada en American Gothic. Cando esta morreu en 1990, a súa herdanza, xunto con obxectos persoais de Wood e varias obras de arte pasaron a ser propiedade do Figge Art Museum de Davenport, Iowa.

A súa obra

[editar | editar a fonte]
Cuarto de dólar do estado de Iowa cuñado en 2004 en homenaxe a Grant Wood.

Wood foi un pintor activo dende unha idade extremadamente nova ata a súa morte, e aínda que é coñecido sobre todo polos seus cadros, traballou unha ampla variedade de medios, incluíndo tinta, carbón, cerámica, metal, madeira e obxectos atopados.

Ao longo da súa vida alugou o seu talento a moitos negocios con sede en Iowa, como unha fonte continua de ingresos. Isto incluía a pintura de anuncios, esbozos de cuartos dun depósito de cadáveres para folletos de promoción e, nun caso, deseñando o decorado temático sobre o millo (incluíndo a lámpada de araña) para o comedor dun hotel. Ademais, fixo unha viaxe en 1928 a Múnic para supervisar a realización das vidreiras que deseñara para o Edificio Memorial de Veteranos de Cedar Rapids.

Rexionalismo

[editar | editar a fonte]
American Gothic (1930).
Daughters of Revolution (1932)

Grant Wood relaciónase sobre todo co movemento estadounidense do rexionalismo que se localizou sobre todo no Medio Oeste. Foi un dos tres artistas máis asociados con este movemento. Os outros, John Steuart Curry e Thomas Hart Benton, regresaron ao Medio Oeste nos anos 1930 debido aos ánimos que lles deu Wood e a axuda con cargos docentes locais para eles en universidades en Wisconsin e Kansas respectivamente. Xunto con Benton, Curry, e outros artistas rexionalistas, a obra de Wood foi comercializada a través de Associated American Artists en Nova York durante moitos anos.

A obra máis coñecida de Wood é o seu cadro de 1930 American Gothic, unha das imaxes máis coñecidas da arte estadounidense no século XX. O cadro foi exposto por vez primeira no Art Institute of Chicago onde aínda se atopa. A pintura é parodiada con frecuencia na cultura popular,[7][8] e segue a ser un dos exemplos máis notables do rexionalismo. Wood está considerado o artista padrón de Cedar Rapids, e un dos seus deseños represéntase no cuarto de dólar conmemorativo de Iowa de 2004.

  1. Fineman, Mia, The Most Famous Farm Couple in the World: Why American Gothic still fascinates., Slate, 8 de xuño de 2005
  2. "Oxford Index". Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2018. Consultado o 05 de setembro de 2018. 
  3. "Grant Wood: Biography". CornerHouse Gallery (Cedar Rapids, Iowa). Via Artnet.com. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2006. 
  4. Winslow, Art (22 de outubro de 2010). "Review of R. Tripp Evans, Grant Wood: A Life. Chicago Tribune. Consultado o 26 de maio de 2017.
  5. Solomon, Deborah (28 de outubro de 2010). "Gothic American". The New York Times. 
  6. Wilson, Scott. Resting Places: The Burial Sites of More Than 14,000 Famous Persons, 3.ª ed.: 2 (Kindle Location 51786). McFarland & Company, Inc., Publishers. Kindle Edition.
  7. "Grant Wood" Arquivado 31 de outubro de 2011 en Wayback Machine., Art Institute of Chicago. Consultado o 14 de decembro de 2008.
  8. Kendall, Sue M., "Wood, Grant", Oxford Art Online (subscription). Consultado o 14 de decembro de 2008.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]