Gracilicutes
Gracilicutes | |||||
---|---|---|---|---|---|
Células de Escherichia coli aumentadas 25.000 veces | |||||
Clasificación científica | |||||
| |||||
Reinos/Filos | |||||
Gracilicutes (do latín: gracilis, delgado, e cutis, pel, facendo referencia á parede celular) é un taxon controvertido en taxonomía bacteriana.
Tradicionalmente os resultados da tinguidura de Gram eran os máis utilizados como feramenta de clasificación, polo que ata que se empezou a utilizar a filoxenia molecular, o Reino Prokaryotae (como se lle chamaba entón ao dominio Bacteria) foi dividido en catro filos,[1]
- Gracilicutes (bacterias gramnegativas).
- Firmacutes [sic] (bacterias grampositivas, posteriormente corrixido a Firmicutes[2]).
- Mollicutes (tinguidura de Gram variable, por exemplo, Mycoplasma).
- Mendocutes (tinguidura de Gram inestable, "bacterias metanoxénicas" agora coñecidas como metanóxenas e clasificadas como Archaea).
Este sistema de clasificación foi abandonado en favor do sistema de tres dominios baseado na filoxenia molecular iniciado por C. Woese.[3][4]
Este taxon que estaba sendo abandonado foi revivido en 2006 por Cavalier-Smith, que o considerou un infrarreino que contiña os filos Spirochaetae, Sphingobacteria, Planctobacteria, e Proteobacteria.[5] Porén, este taxon non é xeralmente aceptado porque o que normalmente se segue é o sistema de tres dominios.[6]
É un clado gramnegativo que se ramificou doutras bacterias xusto antes da perda na evolución da membrana externa, e xusto despois da evolución dos flaxelos.[5]
Relacións
[editar | editar a fonte]O seguinte gráfico mostra a versión de Cavalier-Smith da árbore da vida, que indica o status de Gracilicutes.[7]
|
Lenda: |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gibbons (N.E.) and Murray (R.G.E.): Proposals concerning the higher taxa of bacteria. International Journal of Systematic Bacteriology, 1978, 28, 1-6.
- ↑ Murray (R.G.E.): The higher taxa, or, a place for everything...? In: N.R. Krieg and J.G. Holt (ed.) Bergey's Manual of Systematic Bacteriology, vol. 1, The Williams & Wilkins Co., Baltimore, 1984, p. 31-34
- ↑ Woese, C. R. (1987). "Bacterial evolution". Microbiological reviews 51 (2): 221–271. PMC 373105. PMID 2439888.
- ↑ Don J. Brenner, Noel R. Krieg, James T. Staley (July 26, 2005) [1984(Williams & Wilkins)]. George M. Garrity, ed. Introductory Essays. Bergey's Manual of Systematic Bacteriology 2A (2nd ed.). New York: Springer. p. 304. ISBN 978-0-387-24143-2. British Library no. GBA561951.
- ↑ 5,0 5,1 Cavalier-Smith T (2006). "Rooting the tree of life by transition analyses". Biol. Direct 1: 19. PMC 1586193. PMID 16834776. doi:10.1186/1745-6150-1-19. Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2019. Consultado o 23 de xullo de 2014.
- ↑ Krieg, N.R.; Ludwig, W.; Whitman, W.B.; Hedlund, B.P.; Paster, B.J.; Staley, J.T.; Ward, N.; Brown, D.; Parte, A. (November 24, 2010) [1984(Williams & Wilkins)]. George M. Garrity, ed. The Bacteroidetes, Spirochaetes, Tenericutes (Mollicutes), Acidobacteria, Fibrobacteres, Fusobacteria, Dictyoglomi, Gemmatimonadetes, Lentisphaerae, Verrucomicrobia, Chlamydiae, and Planctomycetes. Bergey's Manual of Systematic Bacteriology 4 (2nd ed.). New York: Springer. p. 908. ISBN 978-0-387-95042-6. British Library no. GBA561951.
- ↑ Cavalier-Smith T (2006). "Cell evolution and Earth history: stasis and revolution". Philos Trans R Soc Lond B Biol Sci 361 (1470): 969–1006. PMC 1578732. PMID 16754610. doi:10.1098/rstb.2006.1842.