Grupo PVC

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Planctobacteria»)
Grupo PVC

Chlamydia trachomatis
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Superfilo: Grupo PVC
Filos

Chlamydiae
Lentisphaerae
Planctomycetes
Verrucomicrobia

Sinonimia

Planctobacteria

O grupo PVC na clasificación máis común das bacterias é un clado con nivel de superfilo, que comprende os filos Planctomycetes, Verrucomicrobia e Chlamydiae (de onde se orixinan as súas siglas), xunto con Lentisphaerae e o filo candidato OP3 e as Poribacteria (estas últimas discutidas). Na clasificación de Cavalier-Smith o grupo denomínase Planctobacteria, con algunha diferenza na súa composición.

Para Cavalier-Smith as Planctobacteria son unha división (equivalente a filo).[1] Esta clasificación de Cavalier-Smith non é moi seguida pola xeneralidade da comunidade científica.[2] Cavalier-Smith postulou que as Planctobacteria probablemente perderan ou reduciran as súas paredes celulares de peptidoglicano dúas veces.[3] Na megaclasificación de Cavalier-Smith, as Planctobacteria están dentro do infrarreino Gracilicutes e comprenden as clases: Chlamydiae, Lentisphaerae, Planctomycetes e Verrucomicrobia.[3][4] Estas clases nas outras clasificacións teñen categoría de filo.[5]

Velaquí un cladograma do superfilo PVC:[5][6][7]

Grupo PVC 

Poribacteria

Planctomycetes

Omnitrophica (OP3)

Chlamydiae‑Verrucomicrobia

Chlamydiae

Lentisphaerae

Verrucomicrobia

Probas moleculares[editar | editar a fonte]

O establecemento do superfilo PVC apóiase nos exames da proteína ARN polimerase RpoB das bacterias dos distintos grupos.[8] Esta proteína ten 3 aminoácidos característicos inseridos na polimerase de todas as especies secuenciadas de Chlamydiae, Lentisphaerae e Verrucomicrobia. Ademais, unha proteína conservada de función descoñecida está presente en todas as especies secuenciadas dos filos Chlamydiae, Lentisphaerae, Planctomycetes e Verrucomicrobia, pero está ausente en Poribacteria.

Atopáronse outras probas adicionais da existencia deste clado.[5][9] Entre elas a presenza de proteínas de tipo de recubrimento de membrana, de tubulina, síntese de esterol e a presenza de ADN condensado.

Estudos de proteínas adicionais deste superfilo proposto suxiren que as Poribacteria poderían estar separadas deste clado.[8] As Planctomycetes poden ser basais con respecto ao clado Chlamydiae-Verrucomicrobia-Lentisphaerae.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Historicamente as bacterias foron ao primeiro consideradas plantas e en consecuencia usábase a categoría taxonómica "división" como en Botánica. Modernamente, o código bacteriolóxico determina que se debe utilizar para ese nivel taxonómico "filo" en lugar de división. Aínda así, Cavalier-Smith adoptou o termo división.
  2. Krieg, N.R.; Ludwig, W.; Whitman, W.B.; Hedlund, B.P.; Paster, B.J.; Staley, J.T.; Ward, N.; Brown, D.; Parte, A. (November 24, 2010) [1984(Williams & Wilkins)]. George M. Garrity, ed. The Bacteroidetes, Spirochaetes, Tenericutes (Mollicutes), Acidobacteria, Fibrobacteres, Fusobacteria, Dictyoglomi, Gemmatimonadetes, Lentisphaerae, Verrucomicrobia, Chlamydiae, and Planctomycetes. Bergey's Manual of Systematic Bacteriology 4 (2nd ed.). New York: Springer. p. 908. ISBN 978-0-387-95042-6. British Library no. GBA561951. 
  3. 3,0 3,1 Cavalier-Smith, T (2002). "The neomuran origin of archaebacteria, the negibacterial root of the universal tree and bacterial megaclassification". International journal of systematic and evolutionary microbiology 52 (Pt 1): 7–76. PMID 11837318.
  4. Cavalier-Smith T (2006). "Rooting the tree of life by transition analyses". Biol. Direct 1 (1): 19. PMC 1586193. PMID 16834776. doi:10.1186/1745-6150-1-19. Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2019. Consultado o 12 de outubro de 2014. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Wagner, M.; Horn, M. (2006). "The Planctomycetes, Verrucomicrobia, Chlamydiae and sister phyla comprise a superphylum with biotechnological and medical relevance". Current Opinion in Biotechnology 17 (3): 241–249. doi:10.1016/j.copbio.2006.05.005. PMID 16704931.
  6. Rappe, M. S.; Giovannoni, S. J. (2003). "The Uncultured Microbial Majority". Annual Review of Microbiology 57: 369–394. doi:10.1146/annurev.micro.57.030502.090759. PMID 14527284.
  7. Woese, C. R. (1987). "Bacterial evolution". Microbiological reviews 51 (2): 221–271. PMC 373105. PMID 2439888.
  8. 8,0 8,1 Gupta RS, Bhandari V, Naushad HS (2012) Molecular signatures for the PVC Clade (Planctomycetes, Verrucomicrobia, Chlamydiae, and Lentisphaerae) of bacteria provide insights into their evolutionary relationships. Front Microbiol 3:327. doi: 10.3389/fmicb.2012.00327
  9. Kamneva OK, Liberles DA, Ward NL (2010) Genome-wide influence of indel substitutions on evolution of bacteria of the PVC superphylum, revealed using a novel computational method. Genome Biol Evol 2: 870–886

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]