Gràcies per la propina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Gràcies per la propina
Autor/aFerran Torrent
Lingualingua catalá
Data de pub.1994
editar datos en Wikidata ]

Gràcies per la propina é unha novela de Ferran Torrent escrita en variante valenciana, publicada en 1994 pola editorial Columna. Foi levada ao cinema por Francesc Bellmunt en 1997.

Trama[editar | editar a fonte]

Ferran Torres narra de forma retrospectiva a súa infancia e mocidade en Benicorlí, unha vila imaxinaria da Horta de València. Logo do suicidio da súa nai, marcha xunto ao seu irmán Pepín á casa do seu avó e dos seus tíos Tomàs e Ramonet, unha familia liberal e pouco convencional, pero feliz e unida.

Narración[editar | editar a fonte]

A trama discorre entre 1960 e 1974, entre os 9 e os 23 anos do protagonista-narrador. Desde a súa primeira comuñón, a escola cos xesuítas, os comezos coa masturbación e o sexo, o traballo como comercial, montador de mobles e camareiro, a práctica do boxeo e o servizo militar.

Descríbese a sociedade valenciana, coas oposicións da época entre o mundo rural e o urbano, así como entre as clases populares e aburguesadas. Descríbense os ambientes tabernarios, o ámbito da prostitución e dos espectáculos de variedades (coa vedete Rosita Amores) e do deporte, cos enfrontamentos entre o Valencia CF e o Levante.

Tamén se fala bastante da política do tempo, no tardofranquismo, con varios personaxes comunistas e anarquistas. Fálase da importancia da relixión católica no réxime, especialmente nos enterros e nas procesións.

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Ferran Torres. Narrador e protagonista.
  • Pepín Torres. Irmán máis novo de Ferran.
  • O tío Tomàs.
  • O tío Ramonet. Tímido, moi boa persoa, coida de toda a familia. Logo de moitos anos, descobren que é homosexual.
  • O avó Ramon. Xubilado bondadoso e tolerante, moi respectado na vila.
  • Carraca. Amigo íntimo de Tomàs e compañeiro de negocios.
  • Tono. Amigo de Tomàs e forneiro de Benicorlí.