Ferran Torrent
(2012) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de maio de 1951 (73 anos) Sedaví, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor, novelista |
Familia | |
Parentes | Vicent Chilet Torrent, sobriño |
Premios | |
| |
|
Ferran Torrent i Llorca, nado en Sedaví (València) o 31 de maio de 1951, é un xornalista e escritor na variante valenciana da lingua catalá.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Logo de estudar nun colexio xesuíta, comezou a carreira de Dereito, que non rematou. Antes de vivir da literatura, traballou en diversos oficios como vendedor e comercial.
Colabora os sábados e domingos no programa de radio La Primera Pedra de RAC1, amais de escribir columnas e artigos para prensa como El País, La Vanguardia o El Temps.
Obra
[editar | editar a fonte]Iniciouse coa novela La gola del llop (1983), escrita xunto a Josep Lluís Seguí co pseudónimo de Pere Lavaca.
Acadou éxito de público coa serie de novela negra (o xénero no que máis publicou) protagonizada polo periodista e ex-boxeador Hèctor Barrera e o detective Butxana.
La mirada del tafur (1997) desenvólvese na época final do franquismo, nunha cafetería na que se organizan timbas de póquer. L'illa de l'holandés (1999) presenta un escritor e profesor universitario marxista deportado nunha illa da costa mediterránea.
- La gola del llop (1983, xunto a Josep Lluís Seguí).
- No emprenyeu el comissari (1984).
- Penja els guants, Butxana! (1985).
- Un negre amb un saxo (1987).
- Cavall i rei. Barcelona (1989).
- L'any de l'embotit (1992).
- Gràcies per la propina (1994; Premi Sant Jordi).
- Tocant València. Altea (1995).
- La mirada del tafur (1997).
- Semental, estimat Butxana (1997, con Xavier Moret).
- L'illa de l'holandès (1999).
- Living l'Havana (1999).
- Cambres d'acer inoxidable (2000).
- Societat limitada (2002).
- Espècies protegides (2004).
- La vida en el abismo (2004).
- Judici final (2006).
- L'any de l'embotit (2007).
- Només socis (2008).
- Bulevard dels francesos (2010).
Escribiu dúas obras de teatro xunto a Carles Alberola: O tu o res (1991) e Nit i dia (1993).
Varias das súas obras foron traducidas ao castelán e ao francés, e tres delas (Un negre amb un saxo, Gràcies per la propina e L'illa de l'holandés) foron levadas ao cinema.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ferran Torrent |