Goretti Durán Piñeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Goretti Durán Piñeiro
Nacementoséculo XX
 Galicia
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela, Universidade Autónoma de Barcelona e Universidade de Valencia
Ocupaciónfarmacéutica e investigadora
EstudosLicenciada e doutora en Farmacia
ProfesiónInvestigadora en farmacoloxía oncolóxica
OrganizaciónSERGAS
editar datos en Wikidata ]

Goretti Durán Piñeiro é unha farmacéutica e investigadora galega, especializada na investigación de fármacos oncolóxicos, e a relación entre os xenes e as respostas a estes fármacos. É investigadora da Unidade de Farmacoxenética do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Goretti Durán Piñeiro licenciouse en Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela.[2] En 2007 foi farmacéutica de atención primaria na Xerencia de Atención Integrada Pontevedra e O Salnés, do SERGAS.[2]

Entre os anos 2008 e 2010 asinou un contrato de investigación en Farmacoxenética coa Fundación Pedro Barrié de la Maza para o programa Diana-Fundación Barrié-USC de Medicina personalizada.[2] Este programa busca un tratamento para cada paciente co fármaco «máis axeitado» e a dose «necesaria», co obxectivo de «obter a máxima eficacia terapéutica co mínimo risco e custo», en palabras do seu director, Ángel Carracedo. «A eficacia media dos medicamentos dista moito de ser a idónea», e tratamentos como a quimioterapia causan «importantes danos» nos pacientes, xustificou Carracedo.[3]

Entre 2013 e 2014 cursou un máster de Desenvolvemento económico e innovación na USC.[2] No seu traballo de fin de máster abordou unha temática tan novidosa como a análise do retorno económico e social do investimento da e-interconsulta de cardioloxía na área de Vigo. Asemade, mostrou a importancia de realizar colaboracións interdisciplinares para avanzar no coñecemento.[4]

Así mesmo cursou un Máster en Oncoloxía Farmacéutica, título propio da Universidade de Valencia,[1] é diplomada en Saúde Pública pola Escola Nacional de Sanidade, e obtivo un máster en Metodoloxía da investigación: deseño e estatística en Ciencias da Saúde pola Universidade Autónoma de Barcelona.[2]

En 2016 alcanzou o grao de doutora, coa tese "Estudio farmacogenético de variantes polimórficas en genes reparadores del ADN y otros marcadores de resistencia en pacientes con cáncer de cabeza y cuello", dirixida polos profesores Ángel Carracedo, María Jesús Lamas e Rafael López López, lida na Facultade de Medicina e Odontoloxía da mesma Universidade.[5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]