Gordon Banks

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gordon Banks
Información persoal
Nacemento 30 de decembro de 1937
Lugar de nacemento Sheffield
Falecemento 12 de febreiro de 2019
Lugar de falecemento Stoke-on-Trent
Altura 183 centímetros
Posición gardameta
Na rede
http://www.gordonbanks.org/
IMDB: nm1451837 Twitter: thegordonbanks FIFA: 174372 WikiTree: Banks-6030 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Gordon Banks, nado en Sheffield, o 30 de decembro de 1937 e finado en Stoke-on-Trent, Midlands do Oeste, o 12 de febreiro de 2019,[1] foi un futbolista inglés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Está considerado un dos mellores porteiros da historia. Xogou coa selección inglesa 72 veces e foi un dos piares do equipo que gañou o Mundial de Fútbol en 1966.[2] En Inglaterra era coñecido como "Banks of England" debido á súa habilidade. En inglés é un xogo de palabras con "Bank of England" (Banco de Inglaterra).

Xogou nos seguintes clubs:

Foi galardoado coa OBE no ano 1972. Ese mesmo ano perdeu a visión nun ollo a consecuencia dun accidente de tráfico.

Moita xente atribúe a Gordon Banks a mellor parada de tódolos tempos. Foi no Mundial de 1970, contra o Brasil, cando rexeitou un maxistral testarazo de Pelé axustado ó pau amosando unha axilidade abraiante que foi recoñecida polo propio Pelé.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Morre Gordon Banks, o porteiro que lle fixo a 'parada do século' a Pelé". Galiciaé. 13 de maio de 2019. Consultado o 13 de maio de 2019. 
  2. Witzig, Richard (2006). The Global Art of Soccer. CusiBoy Publishing. p. 135. ISBN 0-9776688-0-0. 
  3. Grierson, Ian (2000). The Eye Book. Liverpool University Press. p. 132. ISBN 0-85323-755-7.