Google Nexus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Logo de Nexus de 2015.

Google Nexus é unha liña de dispositivos móbiles que empregan o sistema operativo Android desenvolvido por Google en colaboración con fabricantes de hardware. Os dispositivos da serie Nexus[1] foron considerados os produtos Android insignia de Google. Non teñen modificacións realizadas polo operador de telefonía, nin polos fabricantes, e ademais teñen un xestor de inicio non bloqueado,[2] para permitir un maior desenvolvemento e individualización do usuario final.

Coa expansión da liña de produtos Google Pixel a finais de 2016, Google declarou que eles "non querían pechar a porta completamente, pero non hai plans agora mesmo de facer máis dispositivos Nexus".[3] En 2017, Google colaborou con HMD Global para fabricar novos teléfonos Nokia, que foi considerado por moitos como unha recuperación de Nexus.[4][5][6][7]

Teléfonos intelixentes[editar | editar a fonte]

Nexus One[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Nexus One.
Nexus One.

O Nexus One foi fabricado por HTC e lanzado en xaneiro do 2010 como o primeiro teléfono Nexus. Foi lanzado con Android 2.1 Eclair, e foi actualizado en maio de 2010 como o primeiro teléfono con Android 2.2 Froyo. Logo, este foi actualizado a Android 2.3 Gingerbread. Anunciouse que Google deixaría de dar soporte ao Nexus One, cuxa unidade de procesamento gráfico (GPU, Adreno 200) é deficiente na prestación no novo moto de aceleración 2D da interface de usuario de Android 4.0 Ice Cream Sandwich. O Nexus S e os novos modelos teñen un hardware para manexar a nova tecnoloxía de renderizado.

  • Display: 3.7" display con 800×480 píxeles de resolución
  • CPU: 1 GHz Qualcomm Scorpion
  • Almacenamento: 512 MB (expandible)
  • RAM: 512 MB
  • GPU: Adreno 200
  • Cámara: 5 MP

Nexus S[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Nexus S.
Nexus S.

O Nexus S, fabricado por Samsung, lanzouse en decembro de 2010, coincidindo co lanzamento de Android 2.3 Gingerbread. En decembro de 2011, actualizouse a Android 4.0 Ice Cream Sandwich, coa maioría das variacións, máis tarde este sería actualizado a Android 4.1 Jelly Bean en xullo de 2012.[8]

  • Display: 4.0" display con 800×480 píxeles de resolución
  • Chipset: Hummingbird
  • CPU: 1 GHz single-core ARM Cortex-A8
  • Almacenamento: 16 GB (Partido: 1 GB de almacenamento interno e 15 GB de almacenamento de USB)
  • RAM: 512 MB
  • GPU: PowerVR SGX540
  • Batería: 1500 mAH (substituíble)

Galaxy Nexus[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galaxy Nexus.
Galaxy Nexus.

O Galaxy Nexus, fabricado por Samsung, foi lanzado en novembro de 2011 (versión GSM, EE.UU. lanzado por Verizon o 15 de decembro do 2011), coincidindo co lanzamento de Android 4.0 Ice Cream Sandwich. Actualízase á versión do software Android 4.2.2 (Jelly Bean) a mediados de febreiro de 2013 e en xullo do mesmo ano actualizouse a Jelly Bean 4.3

  • Display: 4.65" HD Super AMOLED display con 1280×720 píxeles de resolución
  • CPU: 1.2 GHz dual-core ARM Cortex A9
  • Almacenamento: 16 ou 32 GB
  • RAM: 1 GB

Nexus 4[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Nexus 4.
Nexus 4.

O Nexus 4 é o primeiro teléfono intelixente da gama Google Nexus fabricado por LG. Trátase do primeiro dispositivo Android coa versión Android 4.2 de Jelly Bean. O Nexus 4 ten unha pantalla táctil de 4,7 polgadas (1280 x 768 píxeles de resolución), Corning Gorilla Glass 2, un procesador de 1,5 GHz Qualcomm Snapdragon S4 Pro, cámara principal de 8 MP, unha cámara frontal de 1,3 MP, e é o primeiro dispositivo Nexus en ter capacidades de carga sen cables. O prezo era de 199 dólares EE.UU para o de 8 GB e 249 para a versión de 16 GB, prezo que anteriormente ao 28 de agosto do 2013 era 100 dólares máis caro, debido á contraposta feita por Google cara Apple. T-Mobile EE.UU. anunciou que vendería o teléfono dende o 14 de novembro de 2012. Estivo dispoñible para Android 5.1 en abril de 2015.[9]

  • Display: 4.7" Corning Gorilla Glass 2, True HD IPS Plus capacitive touchscreen, 768×1280 píxeles de resolución, 16M cores
  • CPU: Quad-core 1.5 GHz Krait
  • Chipset: Qualcomm Snapdragon APQ8064
  • Almacenamento: 8 ou 16 GB
  • RAM: 2 GB
  • GPU: Adreno 320
  • Batería: Non removible Li-Po 2100 mAh, carga sen cable
  • Cámara: 8 MP con 3264×2448 píxeles, autofoco e flash LED; cámara frontal de 1,3 MP

Nexus 5[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Nexus 5.
Nexus 5.

O Nexus 5 é un teléfono intelixente de alta gama desenvolto por Google en colaboración con LG. É a quinta xeración da gama Nexus. Caracterízase por posuír unha cámara de 8 MP OIS, pantalla IPS LCD capacitiva. Ten unha capacidade de almacenaxe de 16 GB ou 32 GB, non dispón de rañura para MicroSd externa. Algúns usuarios reportaron problemas cos altofalantes, o brillo da pantalla ou a pouca duración da batería con un uso intenso. Saíu ao mercado o 31 de outubro do 2013, coa versión de Android 4.4 Kit Kat. En poucas horas esgotouse a versión de 16 GB mentres que a de 32 GB esgotouse aos poucos días do lanzamento. O Nexus 5 will non tivo unha actualización oficial Android 7.0 Nougat,[10] o cal quere dicir que Android 6.0.1 Marshmallow é a última versión oficial de Android para este dispositivo.

O Nexus 5 ten as seguinte características:[11]

  • Display: 4.95" Corning Gorilla Glass 3, IPS LCD touchscreen, 1080×1920 píxeles de resolución (1080p)
  • Procesador: 2.26 GHz Krait 400 quad-core processor on a Qualcomm Snapdragon 800 SoC
  • Almacenamento: 16 ou 32 GB
  • RAM: 2 GB
  • GPU: Adreno 330
  • Batería: 2,300 mAh lithium polymer, carga sen cable
  • Cámaras: 8 MP con imaxe de estabilización óptica (OIS); cámara frontal de 1,3 MP
  • Conectividade: 4G LTE, 802.11 a/b/g/n/ac Wi-Fi, Bluetooth 4.0
  • Cores: negro, branco ou vermello

Nexus 6[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Nexus 6.
Nexus 6.

O Nexus 6 é un teléfono intelixente desenvolvido por Motorola, orixinalmente con sistema Android 5.0 Lollipop (actualizado a Android 7.1.1 Nougat).[12] Foi anunciado por vez primeira o 15 de outubro de 2014 cunto co Nexus 9 e o Nexus Player.[13][14]

  • Display: 5.96" Quad HD AMOLED PenTile (RGBG) display con 1440×2560 píxeles de resolución (493 ppi)
  • Procesador: Qualcomm Snapdragon 805 - Quad-core 2.7 GHz
  • Módem: Qualcomm MDM9625M
  • Almacenamento: 32 ou 64 GB
  • RAM: 3 GB
  • GPU: Adreno 420
  • Batería: 3220 mAh con tecnoloxía Turbo Charging, non removible, carga inalámbrica
  • Cameras: 13 MP de cámara posterior con f/2.0 lens featuring OIS; cámara frontal de 2 MP
  • Altofalantes: Dual front facing stereo
  • Cores: Midnight Blue e Cloud White

Nexus 5X[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Nexus 5X.
Nexus 5X.

O Nexus 5X é un teléfono intelixente desenvolvido por LG, orixinalmente cun sistema Android 6.0 Marshmallow. Foi anunciado por vez primeira o 29 de setembro de 2015, xunto co Nexus 6P e varios outros dispositivos de Google (como a tablet Pixel C).[15]

  • Display: 5.2" FHD LCD display con 1080×1920 píxeles de resolución (423ppi)
  • Procesador: Qualcomm Snapdragon 808 - Hexa-core 1.8 GHz
  • Almacenamento: 16 ou 32 GB
  • RAM: 2 GB LPDDR3
  • GPU: Adreno 418
  • Batería: 2700 mAh con carga rápida, non removible
  • Cámaras: 12.3 MP cámara posterior con lente f/2.0 e autofoco IR con asistencia láser;[16] cámara frontal de 5 MP con lente f/2.0
  • Altofalantes: Único altofalante frontal
  • Cores: Carbon (negro), Quartz (branco) e Ice (menta)

Nexus 6P[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Nexus 6P.
Nexus 6P.

O Nexus 6P é un teléfono intelixente desenvolvido por Huawei cun sistema orixinalmente Android 6.0 Marshmallow. Foi anunciado por vez primeira o 29 de setembro de 2015 xunto co Nexus 5X e outros dispositivos Google (como a tablet Pixel C).[17]

  • Display: 5.7" WQHD AMOLED display con 1440×2560 píxeles de resolución (518ppi)
  • Procesador: Qualcomm Snapdragon 810 - Octa-core 4 × 1.95 GHz, 4 × 1.55 GHz
  • Almacenamento: 32, 64 ou 128 GB
  • RAM: 3 GB LPDDR4
  • GPU: Adreno 430
  • Batería: 3450 mAh con carga rápida e non removible.
  • Cámaras: Cámara posterior de 12,3 MP con lente f/2.0 e autofoco IR con asistencia láser;[16] cámara frontal de 8 MP e lente f/2.0
  • Altofalantes: dobres frontais
  • Cores: aluminio, grafito, frost ou ouro[18][19]

Tabletas[editar | editar a fonte]

Nexus 7[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Nexus 7 (2012).
Nexus 7 (2012).

O27 de xuño de 2012, na apertura do Google I/O 2012, a compañía mostrou o Nexus 7, unha tableta de 7 polgadas desenvolvida por Asus. A tableta, que serve como o primeiro dispositivo en executar Android 4.1, pon a disposición os contidos dispoñibles a través de Google Play, incluíndo libros electrónicos, música e vídeo. O seu factor de forma e prezo pona en competencia directa con dispositivos como o Kindle Fire, que executa unha versión derivada de Android.

Máis tarde lanzouse outra versión do Nexus 7, á que se denominou Nexus 7 2013

  • Display: 7" display with 1280×800 píxeles de resolución
  • SoC: Nvidia Tegra 3
  • CPU: 1.2 GHz quad-core Cortex-A9
  • Almacenamento: 8, 16 ou 32 GB
  • RAM: 1 GB
  • GPU: ULP GeForce
  • Batería: 4325 mAh (non removible)

Segunda xeración[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Nexus 7 (2013).
Nexus 7 (2013).

O 24 de xullo de 2013, na conferencia de prensa de Google "Breakfast with Sundar Pichai", Pichai presentou a segunda xeración de Nexus 7, outra vez desenvolvida conxuntamente con Asus. Segundo a tradición de Google Nexus, foi lanzado simultaneamente coa última versión, Android 4.3 Jelly Bean. Estivo dispoñible a partir do 26 de xullo de 2013 en tendas escollidas e na tenda Google Play nos Estados Unidos.[20] O 20 de novembro de 2013, estivo dispoñible nas tendas Google Play de Hong Kong e a India. Ese mesmo día, o Nexus Wireless Charger estivo dispoñible nos Estados Unidos e o Canadá.[21] En decembro de 2015, Google lanzou Android 6.0.1 Marshmallow para o dispositivo.[22] O Nexus 7 (2013) non tivo unha actualización oficial de Android 7.0 Nougat,[10] o cal quere dicir que Android 6.0.1 Marshmallow é a última versión Android que está dispoñible para esta versión de tablet.

  • Display: 7.02" display with 1920×1200 píxeles de resolución
  • Chipset: Qualcomm Snapdragon S4Pro
  • CPU: 1.51 GHz quad-core Krait 300
  • Almacenamento: 16 ou 32 GB
  • RAM: 2 GB
  • GPU: 400 MHz quad-core Adreno 320
  • Batería: 4325 mAh (non removible)

Nexus 10[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Nexus 10.
Nexus 10.

O Nexus 10, é unha tableta de 10 polgadas fabricada por Samsung, foi revelado a finais de outubro de 2012, polos datos de EXIF, fotos tomadas por un executivo de Google, xunto cas filtración do seu manual e unha serie completa de fotos. As fotos filtradas revelan un deseño similar ao Samsung Galaxy Note 10.1, 10.1 polgadas con unha resolución de 2560 x 1600 e 300ppp, 16 GB de almacenamento, Android 4.2 e un procesador dual-core a 1.7 GHz, Exynos 5. Esperábase co Nexus 10 fose presentado oficialmente durante unha conferencia de prensa de Google o 29 de outubro de 2012, pero o evento foi posposto debido ao furacán Sandy.[23][24]

  • Display: 10.1" Corning Gorilla Glass 2 con 2560×1600 píxeles de resolución
  • CPU: 1.7 GHz dual-core Cortex-A15
  • Chipset: Samsung Exynos 5250
  • Almacenamento: 16 ou 32 GB
  • RAM: 2 GB
  • GPU: Mali-T604 MP4

Nexus 9[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Nexus 9.
Nexus 9.

O Nexus 9 é unha tablet de 8,9 polgadas con sistema Android 5.0 Lollipop, desenvolvido en colaboración entre Google e HTC. Foi anunciado por vez primeira o 15 de outubro de 2014 xunto co Nexus 6 e o Nexus Player.[13]

  • Display: 8.9" Corning Gorilla Glass 3 con 2048×1536 píxeles de resolución
  • CPU: 2.3 GHz dual-core 64-bit Nvidia Tegra K1 "Denver"
  • Chipset: Nvidia Tegra K1
  • Almacenamento: 16 ou 32  GB
  • RAM: 2 GB
  • Dual front-facing speakers featuring HTC BoomSound

Outros dispositivos[editar | editar a fonte]

Nexus Q[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Nexus Q.

O Nexus Q é un dispositivo streaming multimedia de forma esférica que forma parte da familia de produtos Google Nexus. Vendeuse nos Estados Unidos por 299 dólares. Despois de queixas pola falta de innovacións polo prezo, o Nexus Q foi arquivado indefinidamente; Google declarou que precisaba tempo para facer o produto "aínda mellor".[25] O Nexus Q foi substituído de xeito non oficial por Chromecast, e posteriormente por Nexus Player.

  • Almacenamento: 16 GB
  • RAM: 1 GB

Nexus Player[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Nexus Player.

O Nexus Player é un dispositivo streaming multimedia creado conxuntamente entre Google e Asus. É o primeiro dispositivo dispoñible para Android TV. Foi anunciado por vez primeira o 15 de outubro de 2014 ó mesmo tempo que Nexus 6 e Nexus 9.[13] O 24 de maio de 2016, Google interrompeu as vendas de Nexus Player.[26] En marzo de 2018, Google confirmou que Nexus Player non recibiría a nova version de Android, Android P, e as actualizacións de seguridade tampouco estarían dispoñibles para o dispositivo.[27]

  • 1.8 GHz quad-core con procesador Intel Atom
  • 802.11ac 2x2 (MIMO)
  • Saída HDMI
  • Control remoto (con 2 pilas AAA)
  • Gamepad (venda por separado)[28]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Topolsky, Joshua (10 de decembro de 2010). Engadget, ed. "Nexus S review". AOL. Consultado o 2 de agosto de 2012. 
  2. "The ultimate Android UI comparison: 2017 edition - AndroidPIT". 
  3. Gurman, Mark (4 de outubro de 2016). "This Man Is Explaining Google’s Hardware Bet to Android Partners". Bloomberg L.P. Consultado o 5 de outubro de 2016. 
  4. "Nokia phones are going to be similar to Google Nexus phones". 
  5. "Nokia Wants To Make Its Android Phones The New Nexus Phones". 
  6. "Nokia to recreate the Nexus model - Mazuma Blog". 12 de abril de 2017. 
  7. "Nokia-Google Partnership: HMD Global Ramps Up Efforts For Ambitious Android Campaign". 18 de abril de 2017. 
  8. Parsons, Chris (19 de xullo de 2012). Android Central, ed. "Android 4.1.1 Jelly Bean OTA now appearing on some Nexus S variations". Mobile Nations. Consultado o 19 de xullo de 2012. 
  9. "Google Posts Android 5.1 Factory Images For The Nexus 4, Nexus 7 2013, And Nexus 7 2013 LTE". 14 de abril de 2015. 
  10. 10,0 10,1 Ruddock, David. "RIP: The Nexus 5 isn't getting Android 7.0 Nougat, let's say our goodbyes". Android Police. Illogical Robot LLC. Consultado o 24 de agosto de 2016. 
  11. "Nexus 5 round-up: 5 awesome new features, release date, price, specs and all we know so far". 
  12. "Android 7.1.1 image and OTA files finally available for the Nexus 6". 5 de xaneiro de 2017. 
  13. 13,0 13,1 13,2 "Android: Be together. Not the same.". 
  14. "Google Nexus". Nexus 6. Google. 15 de outubro de 2014. Consultado o 15 de outubro de 2014. 
  15. "Nexus 6P". 29 de setembro de 2015. Consultado o 29 de setembro de 2015. 
  16. 16,0 16,1 Zimmerman, Steven (12 de outubro de 2016). "Sony IMX378: Comprehensive Breakdown of the Google Pixel’s Sensor and its Features". XDA Developers. Consultado o 17 de outubro de 2016. 
  17. "Nexus 6P - Elegantly designed, pure Android". Google. 29 de setembro de 2015. Consultado o 21 de agosto de 2017. 
  18. Lardinois, Frederic. "Google and Huawei Bring Gold-Colored Nexus 6P To US". TechCrunch. Oath Tech Network. Consultado o 18 de marzo de 2018. 
  19. P., Daniel. "What are your favorite Nexus 5X and 6P chassis colors?". Phone Arena. phoneArena.com. Consultado o 18 de marzo de 2018. 
  20. Stern, Joanna. ABC News, ed. "Google Nexus 7 Tablet, Chromecast Announced". ABC News Internet Ventures. Consultado o 29 de xullo de 2013. 
  21. androidaio.com (ed.). "Nexus 5 and 7 available on Play Store for India and Hong Kong". Consultado o 20 de novembro de 2013. 
  22. "Android 6.0.1 Marshmallow With New Emoji Available For Nexus 6P, Nexus 5X, Nexus 6, Nexus 5, Nexus 9, Nexus 7 (2013)". 8 de decembro de 2015. 
  23. "Purported Samsung Nexus 10 tablet manual leaks online". CNET. Consultado o 27 de outubro de 2012. 
  24. "Nexus 10 Leaks Point to Better-Than-iPad Display". Wired. Consultado o 27 de outubro de 2012. 
  25. "Google Suspends Launch Of Nexus Q, Promises Free Q To Those Who Pre-Ordered". 31 de xullo de 2012. 
  26. "Google confirms the Nexus Player has been discontinued". 
  27. Gao, Richard. "[Update: No more security updates either] Confirmed: The Nexus Player will not be updated to Android P". Android Police. Illogical Robot LLC. 
  28. "Nexus Player". Google Nexus. Google Inc. 15 de outubro de 2014. Consultado o 15 de outubro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]