Gong Li

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Gong Li
Gong Li Cannes 2016.jpg
Na edición do 2016 do Festival de Cannes
Nome completoGong Li (鞏俐)
Nacemento31 de decembro de 1965 (54 anos)
LugarShenyang, Liaoning
Flag of the People's Republic of China.svg China
Nacionalidadesingapurense
Educada enCentral Academy of Drama
Cónxuxe(s)Ooi Hoe Seong
FillosMamoru Yoki Chung Li
Profesiónactriz
editar datos en Wikidata ]

Gong Li (en chinés 鞏俐), nada en Shenyang (República Popular da China) o 31 de decembro de 1965, é unha actriz chinesa que desde 2008 ten a nacionalidade singapurense.[1] Apareceu na maior parte das películas dirixidas por Zhang Yimou ata 1995.

Li especialízase en personificar mulleres con personalidades contrapostas entre o ben e o mal.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Gong Li naceu na cidade chinesa de Shenyang (Liaoning). Creceu en Jinan, a capital da provincia de Shandong. Desde moi nova quixo ser actriz, e na escola destacou no canto e a danza, ata o punto de chegar a excluír outras materias. Malia ser suspendida nos exames en dúas ocasións, foi aceptada na Escola Central de Arte Dramática de Pequín, onde se graduou.[2] Era aínda estudante cando Zhang Yimou a escolleu en 1987 para o papel protagonista na súa primeira película como director, Hóng gāoliáng ("Sorgo vermello"), coa que obtivo o Oso de Ouro no Festival de Cine de Berlín.

Desde entón, Gong Li foi unha das actrices con máis éxito na historia da China, cunha fama que transcendeu as fronteiras do país asiático. O seu traballo foi recoñecido con premios como os do Festival Internacional de Cinema de Venecia e o do Círculo de Críticos de Cine de Nova York. Ademais de actuar, é unha cantante excepcional, como demostrou en Shanghai Triad. En xuño de 1998 obtivo a Orde das Artes e as Letras.

Seguiu protagonizando os filmes de Zhang Yimou ata mediados dos anos noventa. Ao longo da súa colaboración, xerouse un escándalo debido a que eran amantes, malia que Zhang estaba casado. Romperon en 1995, e Gong Li casou cun magnate do tabaco de Singapur chamado Ooi Hoe Soeng ao ano seguinte. A única aparición de Gong Li no cine de Hollywood limitábase á película Chinese Box (1997); con todo, na década do 2000 participou en máis producións estadounidenses como Memorias dunha gueixa en 2005, Miami Vice, en 2006 e Hannibal Rising en 2007.

O 16 de outubro de 2000, Gong Li foi nomeada Embaixadora de Boa Vontade[3][4] da Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO).

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Título original Título galego Papel Observacións
1987 Hong gao liang Avoa de My
1989 Xi tai hou Guilian
1989 Hoi sam gui miu ba
1989 Daihao Meizhoubao
1990 Qin yong
1990 Ju Dou Ju Dou
1991 Du xia II: Shang Hai tan du sheng Yu-San / Yu-Mong
1991 Da hong deng long gao gao gua Songlian
1992 Qiu Ju da guan si Qiu Ju
1992 Meng xing shi fen Ma Li
1993 Ba wang bie ji Juxian
1993 Tang Bohu dian Qiuxiang Chen Heung
1994 Xin tian long ba bu zhi tian shan tong lao Mo Han-Wen
1994 Hua hun Pan Yuliang
1994 Huozhe Xu Jiazhen
1994 Xi chu bawang Lu Zhi
1995 Yao a yao yao dao waipo qiao Xiao Jingbao
1996 Feng yue Pang Ruyi
1997 Chinese Box Vivian
1998 Jing Ke ci Qin Wang Lady Zhao
2000 Piao liang ma ma Sun Liying
2002 Zhou Yu de huo che Zhou Yu
2004 2046 Su Li-zhen
2004 The Hand Miss Hua
2004 Eros Miss Hua continuación de The Hand
2005 Memoirs of a Geisha Memorias dunha gueixa Hatsumomo
2006 Miami Vice Isabella
2006 Mǎnchéng Jìndài Huángjīnjiǎ Emperatriz Fénix
2007 Hannibal Rising Lady Murasaki
2010 Shanghai Anna Lan-Ting
2011 Wo Zhi Nu Ren Xin Li Yi-Long

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Kehr, Dave (16-07-2004). The New York Times, ed. "Torn Between a Dreamy Idealist and a Veterinarian". Consultado o 07-01-2008. 
  2. "Gong Li". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 22 de febreiro de 2014. 
  3. Conoce a los Embajadores de Buena Voluntad "Gong Li" (en castelán)
  4. Gong Li dille aos fanáticos que se anoxen e se unan á loita contra a fame (en inglés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]